ガリシアの領主館
Pazo de Lóngora
Liáns · Oleiros · A Coruña
写真: Vilachan · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Lóngora (Liáns, Oleiros)の荘園屋敷, 標高約 39 m, Camiño Inglésから2 km.
O Pazo de Lóngora é un pazo situado no lugar de Lóngora, da parroquia de Liáns do concello de Oleiros. Este pazo foi a residencia do matrimonio composto polo músico e compositor Marcial del Adalid e a escritora Francisca González Garrido (máis coñecida como Fanny Garrido). Desde o 25 de agosto de 1997 o pazo de Lóngora acolle o Instituto Universitario de Medio Ambiente da Universidade da Coruña.
Características
O pazo é un edificio de planta en "L". Diante, na entrada, hai un pequeno patio formado polo portalón e a parte interior da L que configura o pazo, presidido por un cruceiro. Detrás hai un xardín cunha fonte de pedra. Así mesmo hai un estanque que, nas esquinas, ten catro figuras alegóricas das estacións do ano. Ademais conta cunha ampla horta. En total, entre o edificio, os alpendres, o xardín e a horta abarca unha superficie de 20 450 m2.
Historia
A historia do pazo de Lóngora remóntase a finais do século XVIII, cando o adiñeirado comerciante de orixe rioxana, Marcial Francisco del Adalid, mandou levantar na parroquia de Santaia de Liáns un pazo para convertelo na súa segunda residencia, pasando a ser ocupado con posterioridade polos seus fillos. Pero, sen dúbida, o inquilino máis ilustre da familia foi o seu neto Marcial del Adalid. Segundo Carlos Martínez Barbeito, o pazo de Lóngora foi «entre a segunda metade do século XIX e os primerios do XX, o centro da vida musical e literaria da Coruña emulando no literario coas Torres de Meirás, onde Emilia Pardo Bazán disctutía con intelectuais cuestións das letras (pero tamén da política) e, no musical, coas tertulias de Canuto Berea na trastenda do seu establecemento de instrumentos da rúa Real». A herdeira da Marcial del Adalid e Fanny Garrido foi a súa única filla, María del Adalid, quen, sen descendencia, doou a biblioteca dos seus pais á Real Academia Galega; as restantes propiedades foron legadas á congregación relixiosa dos Salesianos, que dedicaron a horta á explotación agrícola, deixando arruinar o edificio do pazo. En 1958, tras vinte e seis anos, os salesianos abandonaron o pazo deixándoo nun estado ruinoso, e onde pouco quedaba do que noutrora foran a capela, a biblioteca, a campá e o muíño público, ao que acudían a moer os veciños do lugar. A casa seguiu un proceso de deterioración coa presenza dos novos propietarios, os irmáns Preito Barrios, que case non realizaron reforma nigunha. Sería no ano 1962, da man dun empresario e comerciante coruñés natural da localidade pontecesá de Corme, cando Lóngora volveu a recuperar parte do esplendor e a riqueza característicos dos seus inicios. Aurelio Ruenes Blanco, concelleiro coruñés e promotor do polígono de Pocomaco, devolveríalle o encanto señorial coa realización de numerosas obras de restauración, sobre todo no tellado, o cruceiro, as murallas e os xardíns. Pero logo do seu falecemento e o da súa muller, o pazo caerá no esquecemento, até que o consistorio oleirense comece os trámites para a súa conservación como elemento patrimonial e de uso público.…
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 ガリシアの領主館
様式 Romanticismo
管理者 Universidade da Coruña
地点の標高 ≈ 39 m · Terrain Tiles
最寄りの町 O Pazo do Río、898 m
サンティアゴ巡礼路 Camiño Inglés、2 km
自治体の人口 38,750 (2025) · IGE
バスで行く
- Bastiagueiro469 m 先Teatro Colón-Santa Cruz-Rialta-Mera-A Valexa · Teatro Colón-Santa Cruz-Sada (hotel Sada Palace) · Concello de Sada-Carnoedo-Teatro Colón · Teatro Colón-Santa Cruz-Pousada (residencia) · Teatro Colón-Santa Cruz-Franzomel-Soñeiro · Concello de Sada-Dexo-Teatro Colón
- Bastiagueiro469 m 先Lorbé-Mera-Rialta-Santa Cruz-Teatro Colón · Sada hotel Sada Palace-Santa Cruz-Teatro Colón · Teatro Colón-Carnoedo-Sada (concello) · Pousada 4 Residencia-Santa Cruz-Teatro Colón · Soñeiro-Franzomel-Santa Cruz-Teatro Colón · Sada (concello)-Carnoedo-Teatro Colón (por Rialta)
- LIÁNS500 m 先Lorbé-Mera-Rialta-Santa Cruz-Teatro Colón · Sada hotel Sada Palace-Santa Cruz-Teatro Colón · Pousada 4 Residencia-Santa Cruz-Teatro Colón · Concello de Sada-Carnoedo-Teatro Colón · Teatro Colón-Santa Cruz-Pousada (residencia) · Soñeiro-Franzomel-Santa Cruz-Teatro Colón
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。
