ガリシアの領主館

Pazo de Oca

Oca · A Estrada · Pontevedra

Pazo de Oca, ガリシアの領主館 en A Estrada

写真: Lansbricae · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Oca, A Estradaの公共建築, 標高約 177 m, Camiño Xabrésから2.6 km.

O pazo de Oca é unha casa señorial galega construída entre os séculos XVII e o XVIII. De estilo barroco, pertence actualmente aos duques de Medinaceli. Foi declarada unha das propiedades de interese cultural da herdanza española. Tamén é coñecido coma o Xeralife do Norte ou o Versalles galego debido á gran beleza dos seus xardíns, que ocupan 8 hectáreas de terreo e pódense visitar durante todo o ano.

Situación

Está situado na parroquia de Santo Estevo de Oca, no concello da Estrada, na provincia de Pontevedra, (Galicia). Encóntrase no val do río Ulla, a uns 30 quilómetros ao sueste da cidade de Santiago.

Historia

Evolución da propiedade

As terras e fortaleza de Oca pasaron a formar parte da xurisdición eclesiástica da mitra compostelá durante case un século ata que, primeiro, o papa Pío IV en 1564 e, sobre todo, Gregorio XIII o 6 de abril de 1574 concedesen os abadengos e outros dominios eclesiásticos a Coroa. Isto posibilitou que, anos despois, o rei Filipe II vendese o estado de Oca, coa súa casa-forte, a María de Neira, veciña de Santiago, por escritura do 15 de novembro de 1586, a un custo de 195.775 marabedís. No século XVII cambiou a titularidade do señorío de Oca, dos Neira á liñaxe Gaioso, procedente do lugar do mesmo nome en Outeiro de Rei. Así, María da Encarnación Gaioso dos Cobos (1813–1891) recibiu o título de VI Marquesa de San Miguel de Penas e en propiedade o pazo de Oca, no que realizou importantes obras, xunto co seu esposo Manuel Fernández de Henestrosa e Santisteban. Coa morte de Encarnación en 1891, herdou a propiedade do palacio e as súas terras a máis vella das súas sobriñas, Francisca de Borja Gaioso dos Cobos e Sevilla (1854-1926), XV Marquesa de Camarasa, esposa desde 1877 do VIII Conde de Moriana do Río e Marqués de Cilleruelo, Ignacio Fernández de Henestrosa e Ortiz de Mioño (1851–1934), de quen tivo dez fillos. Sucedeuno o maior dos homes, Ignacio Fernández de Henestrosa e Gaioso dos Cobos (1880-1948), XIV Marqués de Camarasa, Conde de Ribadavia, de Castrojeriz, de Amarante e de Moriana do Río, Marqués de Cilleruelo, propietario ademais do pazo de Oca, que foi xefe da Casa da súa Alteza o Príncipe de Asturias. Escribiu un libro sobre a historia da súa familia (Fernández de Henestrosa, 1934) e careceu de descendencia no seu matrimonio con Branca Pérez de Guzmán e Sanjuán, filla dos duques de T’Serclaes. Por ese motivo, a partir de 1948 sucedeu neses títulos e na propiedade de Oca a súa sobriña, a duquesa de Medinaceli Vitoria Eugenia Fernández de Córdoba e Fernández de Henestrosa (1917–2013), como primoxénita da irmá máis vella do marqués de Camarasa. O pazo abriu o público definitivamente no ano 1953. E ao crear esta señora en 1978 a Fundación Casa Ducal de Medinaceli, transferiu a esta institución de carácter cultural a propiedade do palacio de Oca para garantir o seu mellor estado e conservación no futuro.

Evolución da construción

O pazo foi rematado no século XVIII, xunto a unha vella fortaleza medieval. Está composto polo propio pazo, a capela e as vivendas dos traballadores. A primeira familia propietaria do pazo foi a de Sueiro de Oca, pertencendo hoxe en día ao Ducado de Medinaceli.

Os xardíns

O pazo é un dos máis famosos de Galicia polos seus xardíns, que teñen pontes, árbores pouco frecuentes e, entre outras moitas cousas máis, un encoro con parrulos e gansos. Algúns dos exemplares botánicos son a Camellia reticulata (camelia reticulada) a Cryptomeria japonica (cedro do Xapón) ou as formacións de buxos e de tileiros.

Galería de imaxes

Outros artigos

Pazos de Galicia

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 ガリシアの領主館

様式 Arquitectura barroca

屋根 瓦

壁 石

階数 3

保護指定 RI-51-0004571 · Ben de Interese Cultural

登録番号 RI-51-0004571

地点の標高 ≈ 177 m · Terrain Tiles

最寄りの町 A Estrada、10.2 km

サンティアゴ巡礼路 Camiño Xabrés、2.6 km

自治体の人口 20,101 (2025) · IGE

地図で見るウィキペディアで読むルート

バスで行く

自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。

この近くの場所