ガリシアの領主館
Pazo de Vilane
Antas de Ulla · Lugo
写真: Adrippe · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Vilane, Antas de Ullaの荘園屋敷, 標高約 531 m, Antas de Ullaから1.1 km.
O Pazo de Vilane é un pazo situado no lugar de Vilane, na parroquia de San Xoán de Antas de Ulla, no concello lugués de Antas de Ulla. Hoxe é sede dunha granxa sostíbel que produce ovos campeiros e marmeladas de froitos do bosque entre outros produtos.
Características
O pazo de Vilane ten probabelmente a súa orixe contra finais do século XVII, afín a outras casas señorís da Comarca da Ulloa. Tivo unha notábel reconstrución a comezos do século XIX sobre outras intervencións claramente barrocas, arranxándose nun conxunto completo e harmonioso cos usos característicos á súa tipoloxía. O pazo está trazado nunha planta en forma de U, con desigual lonxitude en cadansúa á, sendo a máis curta nun dos laterais, onde se atopa unha característica torre. En liña coa torre, na parte posterior da vivenda, encóntrase a capela, de execución discreta mais delicada. Ofrece unha peculiar colocación da espadana por mor da súa posterior incorporación ao edificio do pazo. Unha airosa solaina corre ao longo dos outros dous corpor que acollen amplas dependencias, mirando cara ao interior do patio de entrada. O acceso realízase a través dun sólido portón tralo que se desenvolve un folgado soportal. Os edificios que integran o pazo foron executados en coidadosa cantaría de granito. Na parte posterior do edificio principal e dentro do cerramento xeral do pazo atópase a palleira e mailo hórreo.
O pazo dende o ano 1990
Na década de 1990, Juan Varela-Portas y Pardo comeza a dar os primeiros pasos cara a rehabilitación das construcións, cunha clara vocación de recuperación respectuosa do patrimonio arquitectónico de Galicia. As súas tres liñas de actuación son: a recuperación do patrimonio, o desenvolvemento sostíbel da comarca e a contorna natural. En 1996, a filla máis nova de Juan Varela-Portas y Pardo, Nuria Varela-Portas, encabeza a iniciativa familiar que nace co propósito de desenvolver un proxecto sustentábel e innovador que elabore produtos de forma coidada e con carácter artesanal. Deste xeito, Pazo de Vilane convértese nun proxecto pioneiro na produción de ovo de galiñas campeiras ou ovo de galiñas en liberdade en Galicia, reactivando a economía rural, dando especial atención ao papel e desenvolvemento da muller. Tamén cultivan framboesas a arandos ecolóxicos cos que fan zumes e marmeladas. Tamén fomenta a cultura na comarca da Ulloa coa realización de concertos de música clásica e outras actividades sociais que se veñene desenvolvendo de forma aberta a de balde dende o ano 2000.
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 ガリシアの領主館
地点の標高 ≈ 531 m · Terrain Tiles
最寄りの町 Antas de Ulla、1.1 km
自治体の人口 1,823 (2025) · IGE
バスで行く
- Antas de Ulla1.1 km 先Lugo-Lalín-Vilatuxe-Pontevedra-Vigo · Lugo-Lalín-Vilatuxe-Pontevedra-Vigo · Lugo-Lalín-Silleda-Pontevedra-Vigo · Lugo-Lalín-Silleda-Pontevedra-Vigo (rúa Areal) · Lugo-Lalín-Silleda-Pontevedra-Vigo (rúa Areal) · Ventas de Narón-Antas de Ulla
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。
