Pazo
Pazo de Ximonde
Vedra · A Coruña · 1800

O Pazo de Ximonde é un pazo situado na parroquia de San Miguel de Sarandón, Vedra, construído a finais do século XVIII en forma de escuadra nun extenso predio amurallado de doce hectáreas. Foi residencia dos Condes de Ximonde e xogou un importante papel durante o Carlismo. Foi propiedade da familia Puga durante varias xeracións, e en 2009 a empresaria María Barallobre adquiriuno nunha poxa. == Características == A construción do pazo remóntase ao século XVI e reconstruíuse no XVIII, en estilo barroco, da man dos condes de Ximonde, descendentes dos Cisneros que alcanzaran en 1766 o título de Condes de Carlos II. Unha vez dentro dos xardíns do pazo atópase a fachada en forma de «L» (antigamente a planta tiña forma de «U» pero parte do edificio derrubouse), cun balcón sobre a porta principal e sobre este un escudo coa coroa e os brasóns dos Cisneros que mostra a imaxe dun cisne, símbolo da familia. No outro lado atópanse unhas escaleiras que dan paso ó interior cunha galería construída sobre arcadas, un patio con dúas fontes, unha delas encaixada no edificio e no interior unha bodega cun lagar de pedra destinado á produción de viño. Preto do pazo hai unha pequena vivenda con seis cuartos, utilizada polos caseiros. Preto do muro do predio había unha capela na que se fixeron comuñóns, levantada por Agustín de Cisneros. Mantívose en pé canto menos ata 1935, logo a pedra foise vendendo ata a súa total desaparición. O predio, de doce hectáreas de extensión, posúe zonas boscosas con sobreiras, carballos, oliveiras e cedros, entre outros, e amplas zonas axardinadas con varias fontes e canais de auga como principal protagonista. Tamén conta con viñedos, considerados dos máis antigos de Galicia. O pazo ademais contou no seu día coa xurisdición dun couto salmoneiro. == Historia == O pazo foi propiedade dos Condes de Ximonde, e lugar de nacemento dos mesmos. Trala morte da terceira e última condesa de Ximonde o pazo pasou a mans da familia Puga. Xoán Antonio Cisneros de Castro e da Barrera (1725-1798) foi un nobre, Cabaleiro da Real Maestranza de Granada, vizconde de Soar e primeiro conde Ximonde. Foi tamén rexedor perpetuo e alcalde de Santiago de Compostela. Pedro María de Cisneros (1770-1824), segundo conde de Ximonde, foi un nobre, mecenas da cultura galega e membro da Xunta Suprema Central que gobernou España durante a Guerra da Independencia. Xacoba de Cisneros de Castro e de Puga (1813-1860), terceira condesa, foi aristócrata, mecenas das artes e letras en Santiago de Compostela no segundo terzo do século XIX. Tanto ela coma o seu marido José María Bermúdez Acevedo utilizaron o pazo para a causa carlista onde chegaron a esconder armas e milicianos. Tras a morte de Xacoba sen descendentes, deixou como herdeiro universal ó seu curmán segundo Manuel María Puga Feijoo, que recibiu xunto coas propiedades gran parte do poder político que os condes ostentaban. Tivo cinco fillos, o único home Luciano Puga Blanco, que foi profesor da Universidade de Santiago, alcalde, decano do Colexio de Avogados da Coruña, deputado, senador, gobernador do Banco de España en Cuba e Fiscal do Tribunal Supremo. Con todo, o pazo era unha propiedade vinculada e foi herdada por un curmán da condesa Manuel Puga Sarmiento. O título quedou vacante e non reposto. A familia Puga foi propietaria do pazo ata mediados do século XX: Santiago Puga Sarmiento, médico e fillo de Manuel Puga Sarmiento. Santiago Puga Carrasco, fillo de Santiago Puga Sarmiento. En 1946 o pazo foi adquirido por Manuel Nodar Pereiras pola cantidade de 250.000 pesetas que montou unha pequena explotación de viñedo híbrido. Posteriormente o pazo pasou a mans de Florencio Valenciano Almuiña que durante os anos 1966 e 1969 e retirou a metade desta plantación e substituíuna por Alvariño ademais de ampliar os xardíns da finca. Trala morte os terreos foron cedidos á Fundación S. Pío X que continuou coa explotación. No ano 1996 producíronse nas bodegas un total de 15.000 litros de viño, a maioría de viño branco.…
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
Chegar en bus
- Ximondea 187 mCPI de Vedra-Ximonde · CPI de Vedra-Ximonde
- Ponte Sarandóna 463 mSantiago E.I.-Argunte · Santiago E.I.-Trobe
- Ponte Sarandóna 473 mSantiago E.I.-Argunte · CPI de Vedra-Ximonde · CPI de Vedra-Ximonde
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.