城壁
Porta de Carlos V
Viveiro · Lugo
写真: FirkinCat · CC BY-SA 3.0 es · Wikimedia Commons ↗
Viveiro, Lugoの城壁, 標高約 9 m, Viveiroから64 m.
A Porta de Carlos V, tamén chamada Porta Maior ou Porta do Castelo da Ponte (polo seu aspecto de fortaleza) é unha das tres portas que se conservan da antiga muralla da vila de Viveiro, na provincia de Lugo, edificada en 1548 por obra de Pedro Pedroso. Realizouse en homenaxe a Carlos V substituíndo outra anterior do século XIII, que por mor da acción erosiva das mareas e dos avatares históricos se fora deteriorando.
Descrición
A porta é sinxela, de estilo renancentista-plateresco, con tres corpos ben diferenciados; o acceso fórmase cun arco de medio punto central adornado por molduras cilíndricas. En cadanseu lado da porta atópanse, enmarcados con columniñas platerescas, os escudos coas armas da cidade e de Galiza; na banda dereita, o viveirés co león con coroa real sobre a ponte, e na esquerda o galego cos cinco copóns. Algún autor interpretou que ambos os escudos eran os da cidade e que os copóns representaban as cinco antigas igrexas urbanas de Viveiro.[quen?] Estes dous escudos están recollidos no que posteriormente se converteu no escudo de Viveiro. Sobre o arco unha inscrición moi gastada: Hizose esta puerta siendo Corregidor el Licenciado Canosa de Tordesillas. Por riba da inscrición, no medio e medio da obra áchase o escudo de Carlos V con enmarcación plateresca e frontón triangular, e sobre o mesmo o busto do emperador. O coroamento da porta faise con seis troneiras flanqueadas por tres torricelas. No envés da porta, camarín plateresco con dous escudos e a imaxe do século XVIII de San Roque, antigamente da Virxe dos Desamparados.
Datos históricos
A muralla tiña un total de cinco portas. Só se conservan tres, unha é esta. O emperador Carlos I de España e V de Alemaña concedera unha real cédula á vila de Viveiro para a eximir do pagamento de impostos durante un período de tres anos, tras sufrir un grave incendio de setembro de 1540. Aos poucos meses de iniciados os traballos, paralizouse a actividade construtiva, manténdose en estado de espera até que o 24 de abril de 1554, o corrixidor da localidade, Andrés Carasa de Tordesillas, decidiu retomar os traballos. A imaxe de San Roque substituíu a da Virxe dos Desamparados porque se cre que foi este santo quen liberou a vila da peste bubónica. A imaxe de San Roque estivo na fachada da casa do Corrixidor até 1867. Malia ser reedificada con fins ornamentais e decorativos, foi empregada durante a Guerra de Independencia Española como punto de defensa fronte as tropas de Napoleón Bonaparte. O día 18 de febreiro de 1809, Viveiro foi atacado por dous flancos ao mesmo tempo: pola desaparecida Porta de San Domingos, por forzas procedentes desde Mondoñedo e pola Porta de Carlos V, polas tropas que procedían de Ferrol. Intentouse derrubar en dúas ocasións, a primeira no ano 1856, a petición do concello da vila, no século XX pensouse outrora no seu derrubamento, porén no ano 1942 foi declarada Monumento Nacional. Hoxe está declarada Monumento Histórico Artístico Nacional.
Galería de imaxes
Outros artigos
Viveiro Porta da Vila (Porta do Santo Cristo) Porta do Valado
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 Porta da cidade
様式 Plateresco
壁 石
保護指定 Ben de Interese Cultural
登録番号 RI-51-0001115
地点の標高 ≈ 9 m · Terrain Tiles
最寄りの町 Viveiro、64 m
自治体の人口 15,091 (2025) · IGE
出典 Ministerio de Cultura
行き方
車椅子 はい
住所 Rúa María Sarmiento
バスで行く
- Xardíns (conservatorio)195 m 先Covas (motel)-Viveiro E.A. · A Cabana (Vieiro)-Viveiro E.A. · Santa Mariña-Viveiro E.A. · Xove II-Xardíns (conservatorio) · A Viga (enlace I)-Viveiro E.A. · Valcarría (igrexa)-Viveiro E.A.
- VIVEIRO E.A.237 m 先Viveiro E.A.-Viveiro E.A. · Viveiro E.A.-Covas (motel) · Covas (motel)-Viveiro E.A. · Muíño-Viveiro E.A. · A Cabana (Vieiro)-Viveiro E.A. · Muíño-Viveiro E.A.
- VIVEIRO E.A.256 m 先Avd. Ferrol - Rexistro da Propiedade-Ribadeo E.A. · Avd. Ferrol - Rexistro da Propiedade-Ribadeo E.A. · Ferrol E.A.-Hospital Público da Mariña (Burela) · Ferrol E.A.-Hospital Público da Mariña (Burela) · Lugo E.A.-Burela E.A. · Lugo E.A.-Mondoñedo-Viveiro E.A.
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。
