Praia de Seselle

Ares · A Coruña

Praia de Seselle

A praia de Seselle é un areal situado no concello de Ares. É unha praia de augas tranquilas, protexida na ría de Ares, no medio da costa da enseada de Ares. Mide case un quilómetro, continuando cara ao leste coa praia do Raso da que a separan unhas rochas e cara ao oeste coa vila de Ares. A praia é de area fina con moitas cunchas. A anchura da praia varía entre os 20 metros en marea alta ata uns cen metros en marea baixa. É unha praia urbana, tranquila e moi visitada por familias.

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

地図で見るウィキペディアで読むルート

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

この近くの場所