巡礼聖所

Santuario da Nosa Señora dos Milagres do Medo

Vide · Baños de Molgas · Ourense · 1768

Santuario da Nosa Señora dos Milagres do Medo, 巡礼聖所 en Baños de Molgas

写真: Joseolgon · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Vide (Baños de Molgas, Ourense)の巡礼聖所, 標高約 603 m, Macedaから4.6 km.

O Santuario de Nosa Señora dos Milagres e un templo relixioso situado no Monte Medo, en Baños de Molgas. Foi construído entre 1731 e 1768. O proxecto de edificar a Vía Sacra para completar o santuario existente só se realizou parcialmente coa construción de seis capelas. Inicialmente estaba prevista a construción de catorce capelas, tendo como modelo o Santuario do Bom Jesus do Monte, en Braga (Portugal). Porén, as más condicións económicas do santuario non permitiron concluír o complexo. As estacións foron edificadas entre 1825 e 1857 baixo a administración de José Benito Conde, segundo o deseño do escultor Antonio Gómez e realizadas polo mestre Jacinto Fraga.

Descrición

O recinto onde se acha o santuario atópase fechado cun muro de pedra con catro portas. Na parte externa aparecen as sete capelas do viacrucis que albergan os pasos, ou escenas da paixón en estatuas de madeira. Preto atópase o carballo da Virxe e as dúas fontes: a Fonte da Virxe e a Fonte da Cunca. Tamén na contorna atopamos un hostal, un restaurante que fora a hospedaría e a vivenda dos padres Paúles. No xardín do santuario érguense dúas estatuas: a Piedade sobre columna, resto dun antigo cruceiro derrubado en 1934, e San Xoán Gabriel Perboyre, Padre Paúl, o primeiro mártir da China, así coma restos da lanterna do vello templo tamén barroco, do século XVII. O edificio é de fábrica de cantaría de granito, en estilo puramente barroco galego, cunha fachada impoñente e balconada, que semella un gran retablo pétreo, con sete portas e con dúas torres principais e dúas secundarias. O adro arrodea todo o edificio nunha largura de 6 metros. A fachada é similar á fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago de Compostela, aínda que esta última construíuse sete anos despois ca a de Molgas.

Galería de imaxes

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 Santuario

奉献先 Virxe dos Milagres

別名 Santuario dos Milagres

地点の標高 ≈ 603 m · Terrain Tiles

最寄りの町 Maceda、4.6 km

自治体の人口 1,470 (2025) · IGE

出典 (2023)

地図で見るウィキペディアで読む公式サイトルート

バスで行く

自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。

この近くの場所