山
Serra da Cova da Serpe
Sobrado · A Coruña
Aínda non hai foto de Serra da Cova da Serpe
Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.
{{Location|43.04674|-8.02823}}
A serra da Cova da Serpe é unha serra galega situada entre as provincias de Lugo e A Coruña. Acada a súa maior altura no Monte da Cova da Serpe, con 841 m. == Características == Trátase dun pequeno cordal montañoso duns 25 quilómetros de lonxitude, que se estende en dirección N-S. Forma parte do conxunto de serras, denominadas polos xeógrafos, en conxunto, a dorsal atlántica ou dorsal galega, que atravesa Galiza desde a Estaca de Bares - serra da Faladoira - ata a serra do Faro de Avión, nos lindes entre Ourense e Pontevedra, seguindo unha liña de dirección meridiana, de arredor de 200 km. A serra da Cova da Serpe separa aproximadamente os concellos de Curtis e Sobrado, na provincia da Coruña, dos de Guitiriz e Friol na de Lugo. A serra serve para a cría de gando vacún e cabalar libre. Pola zona hai grandes plantacións de piñeiros. No cumio da serra hai varias antenas de telecomunicacións e un parque eólico. == Véxase tamén == === Bibliografía === Torres Luna, Mª Pilar de; Pazo Labrador, Alberto J.; Santos Solla, José Manuel, Galicia, rexión de contrastes xeográficos. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela. Santiago. 1990 - ISBN 84-7191-592-8 Fernández de la Cigoña, Estanislao, As covas de Galicia. Guía práctica para visitar as arcas, grutas, furnas, palas, buratos, cavernas, bolas e covas galegas. Edic. Xerais. Vigo. 1995 - ISBN 84-7507-897-4 As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
Chegar en bus
- Sobradoa 807 mBoimorto-Sobrado · Sobrado-Santiago E.I.
- Sobradoa 813 mBetanzos (institutos)-Montesalgueiro-Sobrado · Betanzos (institutos)-A Torre Lavandeira-Sobrado · Betanzos (institutos)-A Torre Lavandeira-Sobrado · Betanzos (institutos)-Montesalgueiro-Sobrado
- Sobradoa 820 mBoimorto-Sobrado · Sobrado-Santiago E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.