山
Serra de Lourenzá
Santa Marta de Meilán · Riotorto · Lugo
Serra de Lourenzá の写真はまだありません
お持ちでしたら、座標を付けてWikimedia Commons ↗ にアップロード。この地図にも、オープンデータを使うほかのどの地図にも自動的に反映されます。 またはお送りください。
{{Location|43.36667|-7.30000}}
Santa Marta de Meilán (Riotorto, Lugo)の山, 標高約 565 m, Mondoñedoから8.7 km.
A serra de Lourenzá é unha cadea montañosa que forma parte parte das serras setentrionais de Galiza e que se estende en dirección SW-NE polos concellos de Pastoriza e Mondoñedo. Empezando desde o interior, está delimitada ao oeste polo rego do Batán e no sur polo último treito deste, entre o punto onde recibe as augas do rego da Lagoa e a súa desembocadura no río de Úbeda, preto do lugar de Casal de Madre, parroquia de Úbeda, en Pastoriza. A partir de aí discorre ata as súas dúas principais prominencias: A Revolta (785 m) e o Alto de Pradovello (751 m), na parroquia de Cadavedo. O rebaixe que segue ao Alto do Fiouco en dirección á costa é aproveitado pola autovía do Cantábrico (A-8), para pasar da vertente occidental da serra á oriental, coincidindo co linde entre Pastoriza e Mondoñedo. Neste segundo treito da serra sobresae o monte da Farrapa (748 m); o límite oeste pono o rego de Valiñadares, mentres que a aba oriental deita as augas dos regos dos Casteláns, de Coto Redondo, da Fraga, de Curros, de Lobrero, do Caxigo, das Penelas e de Ribón. As principais alturas nesta parte son o monte da Arca (426 m) e Padornelo (605), e a autovía do Cantábrico pasa entrambas. Malia o seu nome, a serra non chega a internarse no actual municipio de Lourenzá. Tan só os devanditos regatos que baixan cara ao leste na súa parte máis setentrional aflúen no curso alto do río dos Vaos, que, xunto co río do Batán, regan o val de Lourenzá. O decorrer paralelo á serra da autovía A-8 en cotas elevadas fai deste un tramo problemático da estrada, frecuentemente cortado por mor da brétema (efecto Föhn), o que obriga aos vehículos a circular a un máximo de 100 km/h, mesmo os días con boa visibilidade. A razón está en que ese paso entre montañas ao longo do cordal fai do vento un elemento de risco para a circulación, mais do que tamén se tira proveito para a obtención de enerxía eólica, xa que a serra está inzada de aeroxeradores. Na ladeira oeste da serra, na parroquia mindoniense de Argomoso, atópanse a cova do Rei Cintolo e o salto do Coro.
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 Montaña
地点の標高 ≈ 565 m · Terrain Tiles
最寄りの町 Mondoñedo、8.7 km
自治体の人口 1,181 (2025) · IGE
バスで行く
- LAMAS978 m 先IES Enrique Muruais-A Cubela · IES Enrique Muruais-Lamas
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。
