山
シストラル山脈
O Viveiró · Muras · Lugo
写真: iamato · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
O Viveiró (Muras, Lugo)の山, 標高約 632 m, As Pontes de García Rodríguezから18.3 km.
A serra do Xistral forma o núcleo do serras setentrionais de Galiza que separa a Terra Chá do mar, do que irradian os serra da Toxiza cara ao leste, a Carba cara ao poñente, e montes de Buio e dos Cabaleiros, na caída do macizo cara ao litoral. Este conxunto montañoso esténdese polos concellos das Pontes de García Rodríguez, Abadín, Alfoz do Castrodouro, Mondoñedo, Muras, Ourol, O Valadouro, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro e Cervo. É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC).
Xeografía e xeoloxía
Orografía
A Serra do Xistral ocupa 22 964 ha e a súa altura máxima son os 1046 m do Cadramón.
Hidrografía
A Serra do Xistral deita as augas no Cantábrico (ríos Landro, Ouro e Masma), na Terra Chá (bacía do Miño) por Abadín, e no río Sor e no río Eume.
Clima
É a zona de frecuente néboa e ventos e menos horas de irradiación solar. As néboas que percorren as chairas elevadas da serra deixan abondosas precipitacións, e enchoupan e favorecen as súas extensas turbeiras e pasteiros.
Flora e fauna
Flora
Prosperan especies endémicas, como o buño, a Drosera intermedia e diversas especies de musgos de Sphagnum e uceiras húmidas atlánticas de zonas mornas, como Erica mackaiana, Erica ciliaris e Erica tetralix, uceiras secas europeas e uceiras ortomediterráneas endémicas con toxo (Ulex sp.). Destaca a presenza de augas oligotróficas cun contido de minerais moi baixo das chairas areosas (Litorelletalia uniflorae), lagoas eutróficas naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition, lagoas e estanques distróficos naturais, ríos de pisos de planicie a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-batrachion, formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas montañosas (e de zonas submontañosas de Europa continental), turbeiras de cobertor, depresións sobre substratos turbosos de Rhynchosporion, bosques aluviais de amieiros, freixos de río, Alno-padion, Alnion incanae e salgueiros, xunto con bosques de acivros.
Fauna
Entre a fauna destacan especies infrecuentes como dúas especies de bolboretas do xénero Erebia (para as que se describiron subespecies endémicas do Xistral), o neverón (Chyonomis nivalis) ou a lagarta das brañas (Zootoca vivipara, antes Lacerta vivipara), que ten nesta serra unha das poucas localidades de presenza en Galiza e que conforman o seu límite occidental de distribución mundial. Posúe unha interesante herpetofauna, con poboacións de saramaganta (Chioglossa lusitanica), lagarto das silvas (Lacerta schreiberi) ou lagarta da serra (Iberolacerta monticola), ademais da xa citada lagarta das brañas. Constitúe, así mesmo, unha fronteira natural entre dúas subespecies de sacabeiras, a Salamandra salamandra gallaica e a S.s.bernardezi, que podemos atopar na serra nas súas formas típicas e híbridas. Entre as aves, vense especies propias de zonas abertas como a curuxa das xunqueiras (Asio flammeus), as rapinas ou tartarañas (Circus ssp.) ou de zonas húmidas, como a arcea (Gallinago gallinago). Outras especies destacábeis son o úbalo (Carduelis spinus), o picanzo vermello (Lanius collurio), o picanzo do norte (Lanius excubitor) e a papuxa montesa (Sylvia undata). Atópanse tamén carnívoros como o lobo (Canis lupus), o gato bravo (Felis sylvestris), a xeneta (Genetta genetta), a donicela (Mustela nivalis) ou o furón (Mustela putorius). Sendo unha zona pouco poboada, nos seus prados críanse cabalos e vacas ceibes.
Lexislación
A Serra do Xistral, coa ribeira alta do río Sor, é unha zona declarada como zona especial de conservación (ZEC) dentro da Rede Natura 2000. Forma parte ademais da Reserva da Biosfera "Terras do Miño".
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 Serra
面積 2,3 ha
地点の標高 ≈ 632 m · Terrain Tiles
最寄りの町 As Pontes de García Rodríguez、18.3 km
自治体の人口 576 (2025) · IGE
バスで行く
- Porto do Rego619 m 先IES Santiago Basanta Silva-O Viveiró (Curros) · IES Santiago Basanta Silva-O Viveiró (Curros)
- O Viveiró927 m 先CEIP Antía Cal Vázquez-O Viveiró · CEIP ANTÍA CAL VÁZQUEZ-O Viveiró
- O Viveiró (Curros)1.0 km 先IES Santiago Basanta Silva-O Viveiró (Curros) · IES Santiago Basanta Silva-O Viveiró (Curros)
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。