劇場
Teatro Colón da Coruña
A Coruña

O Teatro Colón é un centro de representación escénica situado nos xardíns de Méndez Núñez, centro da cidade da Coruña. O Teatro Colón é de titularidade da Deputación Provincial da Coruña e xestionado por Novacaixagalicia dende a súa reapertura no 2006. == Características == Dispón dun escenario de 120,05 metros cadrados e dunha capacidade total de 847 localidades repartidas entre o patio de butacas (521 localidades) e dous niveis (palcos e antepalcos con 107 localidades, e principal con 219 localidades). == Historia == Emilio Rey Romero, empresario de espectáculos, foi o promotor e artífice do Teatro Colón, cuxo obxectivo era o de ofrecer unhas condicións de capacidade e comodidade óptimas para albergar variedade de espectáculos escénicos e proxeccións cinematográficas, pretensións que se viron cumpridas nada máis comezar a súa andaina en 1948, ofrecendo ao público unha gran variedade de eventos musicais e teatrais, ademais de especializarse nas grandes estreas de Hollywood. En 1945, Jacobo Rodríguez-Losada Trulock comezou co deseño arquitectónico do edificio, dando ao conxunto unha imaxe clasicista, unha aposta estética segura para un edificio tan singular, tanto por tamaño como por posición. === Remodelación === A remodelación do Teatro Colón, iniciada no ano 2002, centrouse en obter un aproveitamento máis racional dos espazos. Mantívose o esquema do teatro á italiana, buscando establecer unha clara delimitación entre os lugares para o público e a escena. Por outra banda, a carencia de estancias de servizo resolveuse mediante a creación dun soto con numerosas dependencias como salas de ensaio e descanso, almacéns, talleres, camerinos, aseos e salas de instalacións. A intervención apoiouse en gran medida na estrutura preexistente, aínda que renovando tódolos elementos. Como principal diferenza co estado anterior, incorporouse unha instalación de aire acondicionado á sala independente da do resto do edificio. Substituíronse os pavimentos, acabados e butacas, dotando ás prazas de maior amplitude, comodidade e calidade. A iluminación da sala renovouse completamente coa incorporación dunha gran luminaria central, ao igual que a amplificación do son. Outras instalacións da sala contemplan a regulación lumínica, detección e extinción de incendios, megafonía, circuíto interno de vídeo ou sinalización e iluminación de emerxencia. O teatro abriuse de novo ao público trala remodelación o 5 de decembro do 2006 cun concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia no que interpretou a Sinfonía núm. 9 "do Novo Mundo", de Antonin Dvorák, Impresión nocturna de Andrés Gaos e Negra Sombra. O novo teatro remodelado foi renomeado Teatro Colón Caixa Galicia, debido á concesión da súa xestión, mantemento e realización de accións socioculturais a Caixa Galicia por parte da Deputación Provincial da Coruña (a titular do teatro), esta adxudicación fíxose efectiva o 30 de novembro do 2006, mentres que o contrato da xestión do teatro formalizouse o 16 de xaneiro do 2007 e durou ata o 2012. == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Páxina do Teatro Colón Teatro Colón na páxina web do Concello da Coruña Localización
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
行き方
車椅子 はい
Chegar en bus
- Teatro Colóna 181 mTeatro Colón-San Pedro de Nós · San Pedro de Nós-Teatro Colón · Teatro Colón-Santa Cruz-Rialta-Mera-A Valexa · IES Miraflores (piscina Piñeiro)-Teatro Colón · Lorbé-Mera-Rialta-Santa Cruz-Teatro Colón · Teatro Colón-Santa Cruz-Sada (hotel Sada Palace)
- Porta Reala 199 mA Coruña (por Obelisco)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- Porta Reala 221 mA Coruña (por Salesianos)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.