保護地域

Zona especial de conservación do río Cabe

Laiosa · O Incio · Lugo · 2004

Zona especial de conservación do río Cabe, 保護地域 en O Incio

写真: Ramon Piñeiro · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗

Laiosa (O Incio, Lugo)の保護地域, 標高約 541 m, Sarriaから14.9 km.

O río Cabe é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe boa parte do treito das ribeiras dos ríos Mao e Cabe do val de Lemos, con algún outro afluente destes, así como as cabeceiras destes ríos arredor do encoro de Vilasouto. Esta área de conservación ocupa 1.787 ha das comarcas lucenses de Sarria e Terra de Lemos; isto é, nos concellos Incio, Bóveda, A Pobra do Brollón, Monforte de Lemos, Pantón e Sober. Destaca pola vexetación de ribeira en bo estado de conservación.

Xeografía

Este espazo protexido nunha franxa comeza no río Mao desde a presa do encoro de Vilasouto, avanzando cara ao sur ata chegar a súa afluencia co río Cabe en Monforte de Lemos. Ao pé do encoro acolle, ademais das ribeiras, varios arboredos. Este treito acolle as ribeiras do rego de Penacova, que se une ao Mao en Bóveda. Outra franxa comeza no Incio e na Pobra do Brollón acollendo tamén varias masas de arboredos, así como varios regos que se atopan na cabeceira do río Cabe. Continúa protexendo as ribeiras do Cabe comenzando desde o Trascastro, no Incio. Outro afluente protexido e que chega ao Cabe máis abaixo en Veiga, A Pobra do Brollón, é o rego de Picarrexo. Esas dúas áreas protexidas únense cando o río Mao chega ao Cabe, xa en Monforte de Lemos. Nesta vila exclúese da protección a ribeira da zona histórica e outras partes urbanizadas. Ao saír do centro histórico de Monforte o río Cabe volve a estar protexido. Nese treito chegan os regos Cinsa e Carabelos, que están tamén protexidos. O espazo protexido do río Cabe remata próximo a Canaval, Sober. Alí este espazo limita co ZEC dos Canóns do Sil.

Fauna e flora

Flora

Este espazo protexido destaca por varias formacións herbáceas, polos seus soutos, os bosques de costas e barrancos e, en especial polo pouco frecuentes que son en Galicia, os bosques mixtos das veigas dos ríos principais. Os bosques das ribeiras son fundamentalmente de abeneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior) e as carballeiras contan con carballos (Quercus robur) e cerquiños (Quercus pyrenaica). Os bosques mixtos das ribeiras principais compóñense de carballos (Quercus robur), olmos brancos (Ulmus laevis), olmos mediterráneos (Ulmus minor), freixos comúns (Fraxinus excelsior) ou freixos de folla estreita (Fraxinus angustifolia). Outra flora a destacar é a das augas estancadas e os queirogais secos que hai nalgúns puntos.

Fauna

Cómpre destacar a presenza de Chondrostoma arcasii, Chondrostoma duriense, Lacerta schreiberii, Iberolacerta monticola e nove especies de quirópteros con interese de conservación; así como a existencia do endemismo salamántiga rabilonga (Chioglossa lusitanica) no río Cabe. As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:

Lexislación

O río Cabe foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 Espazo natural protexido · Zonas de especial protección dos valores naturais

面積 1.792 m²

地点の標高 ≈ 541 m · Terrain Tiles

最寄りの町 Sarria、14.9 km

自治体の人口 1,511 (2025) · IGE

地図で見るウィキペディアで読むルート

この近くの場所