고인돌
A Casiña da Moura
Muíños · Ourense
.jpg?width=640)
A Casiña da Moura é un dolmen situado nas Maus de Salas (Muíños). == Descrición == Datado entre o 3000 e o 2500 a.C., foi trasladado para a súa conservación durante a construción do encoro do Salas. O lugar forma parte do Parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. No outro extremo da presa atópase o dolmen da Casola do Foxo. O sitio megalítico consta de sete ortóstatos entrelazados e a lápida de cabeceira. A cámara poligonal mide aproximadamente 2,85 × 2,60 m. Durante as escavacións, dirixidas polo arqueólogo José María Eguileta Franco, descubríronse outros restos arqueolóxicos. Consisten en dúas pezas cerámicas de fondo plano, unha cunha leve crista e outra de forma globular cun labio sobresaínte. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Boga Moscoso, Ramón (1997). Dólmenes de Galicia (Guías). Baía Edicións. ISBN 9788489803138. . Carballo Arceo, Xulio (2006). Arqueoloxía de Galicia, Itinerarios polo pasado. Nigra Trea. ISBN 84-95364-40-9. .
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗