전투
Batalla de Elviña
Elviña · A Coruña

사진: Hippolyte Bellangé · Public domain · Wikimedia Commons ↗
Elviña (A Coruña)의 전투, Camiño Inglés에서 1.6 km.
A batalla de Elviña, tamén coñecida como batalla da Coruña, foi un acontecemento bélico que tivo lugar o día 16 de xaneiro de 1809 no alfoz da cidade da Coruña, enfrontándose un corpo de exército francés, baixo o mando do mariscal Jean-de-Dieu Soult contra tropas británicas, mandadas polo tenente xeneral John Moore. A batalla tivo lugar como parte da guerra da Independencia española en Galicia, dentro das guerras napoleónicas. Foi o resultado dunha campaña francesa liderada por Napoleón, na que derrotou as forzas españolas e provocou a retirada do exército inglés para a costa tras un intento sen éxito por parte de Moore de atacar o exército de Soult e reter ás súas tropas. Perseguidos polos franceses baixo o mando de Soult, os británicos retiráronse a través do norte de España mentres que a súa retagarda repeleu varios ataques franceses. Ámbolos dous exércitos sufriron en gran medida por mor das duras condicións invernais. Gran parte do exército británico sufriu unha perda de orde e disciplina durante esta retirada, e cando os británicos chegaron ó porto da Coruña cuns poucos días de vantaxe sobre os franceses os seus barcos de transporte aínda non chegaran. A frota arribou un par de días despois, e mentres os británicos estaban embarcando o exército francés marchou para a cidade e obrigou os británicos a loitar nunha batalla antes de partir para Inglaterra. Na acción resultante os británicos rexeitaron o asalto francés e completaron o embarque, salvando o seu exército da destrución, pero deixando as cidades da Coruña, Ferrol e o norte de España libres para a súa captura e ocupación por Francia. Durante a batalla, o comandante británico John Moore recibiu unha ferida mortal, falecendo despois de saber que o seu exército conseguira retirarse con éxito tras rexeitar tódolos ataques franceses.
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
가장 가까운 마을 A Coruña, 4.5 km 거리
산티아고 순례길 Camiño Inglés, 1.6 km 거리
지자체 인구 251,277 (2025) · IGE
버스로 가기
- Campus de Elviña (rotonda)69 m 거리A Barcala-Arteixo (por polígonos) · A Barcala-Arteixo (por polígonos) · Sada (hotel Sada Palace)-Aeroporto de Alvedro-UDC (por polígonos) · UDC-Aeroporto de Alvedro-Sada (hotel Sada Palace)- (por polígonos) · Pazo da Merced-Campus-A Coruña E.A. · Pazo da Merced-Campus-A Coruña E.A.
- Intercampus (O Castro)515 m 거리Sada (hotel Sada Palace)-Aeroporto de Alvedro-UDC (por polígonos) · UDC-Aeroporto de Alvedro-Sada (hotel Sada Palace)- (por polígonos)
- Intercampus (Arquitectura)655 m 거리Sada (hotel Sada Palace)-Aeroporto de Alvedro-UDC (por polígonos) · UDC-Aeroporto de Alvedro-Sada (hotel Sada Palace)- (por polígonos)
자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.
