도서관
Biblioteca Pública Municipal de Vilalba
Vilalba · Lugo · 1969
Vilalba é un concello da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2020 tiña 14 079 habitantes, dos que máis dun terzo viven no núcleo urbano. O seu xentilicio é «vilalbés» e tamén «chairego». O concello posúe unha densidade de poboación de 38,64 hab./km², e unha superficie de 379 km², o que o converte no segundo concello galego en extensión despois da Fonsagrada. Vilalba é a vila principal da súa comarca e a cuarta na provincia, xusto despois de Viveiro. O concello de Vilalba atópase na metade norte da provincia de Lugo; limita polo norte cos concellos de Abadín, Muras e Xermade, polo sur, con Cospeito, Begonte e Guitiriz, polo leste, con Abadín e Cospeito e polo oeste, con Xermade e Guitiriz. A poboación de Vilalba distribúese nas 29 parroquias do concello, ademais do núcleo urbano da vila. Vilalba (do latín Villam Albam, 'vila branca'), posúe un rico patrimonio arqueolóxico e cultural. O concello conserva un bo número de mostras de castros galaicos, entre os que destacan os castros de Gondaísque e Belesar. Dentro do seu patrimonio cultural destaca a Torre da homenaxe do desaparecido castelo de Vilalba, vencellada historicamente á casa dos Andrade, e convertida no século XX en parador de turismo. Con respecto á industria, o concello caracterízase pola súa modesta industrialización, sendo as industrias existentes derivadas do sector primario, é dicir a agroalimentaria, representada por unha empresa multinacional de produtos lácteos, e algunhas pequenas industrias de embutidos, xamóns e de elaboración do queixo D.O. de San Simón. Porén, posúe un polígono industrial de considerable tamaño situado ao nordeste da vila. A gastronomía é un dos meirandes atractivos da vila na que hai que destacar o queixo de San Simón da Costa, o roscón de améndoas e os célebres capóns de Vilalba que se comercializan nunha feira anual, que ten lugar o 21 de decembro.
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 Biblioteca pública · Biblioteca central
지점 고도 ≈ 485 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 Vilalba, a 366 m
산티아고 순례길 Camiño do Norte, a 348 m
지자체 인구 13,946 (2025) · IGE
가는 길
주소 c/ Ciudad Cultural Manuel Fraga Iribarne, 2
Chegar en bus
- IES Santiago Basanta Silvaa 83 mIES Santiago Basanta Silva-Os Orxás (cruzamento) · IES Santiago Basanta Silva-Os Orxás (cruzamento) · IES Santiago Basanta Silva-Corvelle de Abaixo · IES Santiago Basanta Silva-Pereira I · IES Santiago Basanta Silva-Corvelle de Abaixo · IES Santiago Basanta Silva-Pereira I
- CEIP Manuel Mato Vizosoa 122 mPonte Escourido-Vilalba E.A. · CEIP Manuel Mato Vizoso-O Campo do Cristo · CEIP Manuel Mato Vizoso-O Campo do Cristo · CEIP Antonio Insua Bermúdez-Trastoi · Vilalba E.A.-As Casas Novas · CEIP Antonio Insua Bermúdez-Merlán-Vilalba E.A.
- CEIP Antonio Insua Bermúdeza 187 mPonte Escourido-Vilalba E.A. · CEIP Manuel Mato Vizoso-O Campo do Cristo · CEIP Manuel Mato Vizoso-O Campo do Cristo · CEIP Antonio Insua Bermúdez-Trastoi · Vilalba E.A.-As Casas Novas · CEIP Antonio Insua Bermúdez-Merlán-Vilalba E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.