광장
Bosque de sequoias de Poio
Poio · Pontevedra · 1992
사진: Mixigodo · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Poio, Pontevedra의 광장, 해발 약 437 m, Camiño Portugués Variante Espiritual에서 1.6 km.
O bosque de sequoias de Poio ou Bosque de Colón é un bosque de sequoias situado no monte Castrove, en San Xoán de Poio. Este bosque alberga o maior conxunto de sequoias vermellas (californianas) de Europa. O bosque foi creado en 1992 para celebrar o 500 aniversario da chegada de Cristovo Colón a América. A súa orixe tivo lugar nunha iniciativa xurdida no Congreso dos Estados Unidos, e o proxecto levouse a cabo logo de que expertos norteamericanos tomaran mostras da terra para confirmar a ideoneidade do solo para a especie. O 4 de decembro dese ano foron plantadas un total de 500 sequoias vermellas por parte da veciñanza de Poio e de persoal californiano que supervisaba o traballo. No acto estiveron presentes o daquela presidente da Xunta, Manuel Fraga, e o embaixador dos Estados Unidos de América en España, Richard Capen. Na actualidade, a Comunidade de Montes de San Xoán de Poio é parte responsable da conservación e promoción do bosque.
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 Xardín
지점 고도 ≈ 437 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 Combarro, 3.1 km 거리
산티아고 순례길 Camiño Portugués Variante Espiritual, 1.6 km 거리
지자체 인구 17,426 (2025) · IGE
