곶

Cabo Prior

Covas · Ferrol · A Coruña

Cabo Prior, 곶 en Ferrol

사진: Oilisab · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Covas, Ferrol의 지형, 해발 약 72 m, Ferrol에서 11.3 km.

O cabo Prior forma un promontorio que se adentra no mar uns catro quilómetros en dirección SE-NO, interrompendo unha liña de costa que se estende desde punta Frouxeira (Valdoviño) ata cabo Prioriño (Ferrol). A súa altura supera escasamente os 100 m, pero a súa proximidade ao mar converte os seus materiais granodioríticos en impresionantes acantilados nos que as sucesivas etapas de transgresión e regresión mariñas deron lugar a unha roseira de illotes entre os que destacan Os Cabalos -ao norte, cunha colonia dunhas vinte parellas de corvo mariño cristado e a gaivota patiamarela na Pena Maior ao suroeste.[Cómpre referencia] O relevo do cabo forma unha península cun istmo formado por litoloxía de xistos do Sistema de Ordes que presentan unha superficie de tipo chaira de rasa mariña. É un excelente punto de observación de paso de aves mariñas migratorias. A costa é accidentada e abrupta, sendo posible a práctica da pesca. Próximas ao faro, hai varias praias limpas e espazosas, San Xurxo, ou Vilar, Santa Comba e Ponzos, concorridas durante a época estival, momento no que aumenta sensiblemente a poboación de Covas, a aldea máis próxima a 3,5 km, ao ser zona de veraneo. Covas é unha península flanqueada por areais, unha extensa planicie, na que se asenta a poboación e os campos de cultivo.

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

자료

종류 Cabo

지점 고도 ≈ 72 m · Terrain Tiles

가장 가까운 마을 Ferrol, 11.3 km 거리

지자체 인구 64,903 (2025) · IGE

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

이 근처