경당
Capela da Misericordia de Tui
Tui · Pontevedra

A capela da Misericordia, tamén coñecida como a Capela da Santa Casa da Misericordia, é unha igrexa de estilo renacentista situada na zona histórica da cidade de Tui. == Historia == A Santa Casa da Misericordia foi fundada en Tui seguindo o modelo das misericordias portuguesas. A edificación data orixinalmente de 1542 e os estatutos serían aprobados polo bispo Miguel Muñoz en 1542, o que fai que esta Misericordia sexa a máis antiga de España. Unha das súas finalidades era dar lugar de sepultura e socorro ás persoas máis necesitadas. Durante o século XVI ampliaríase a primitiva capela contando na fronte cunha curiosa tripla portada que quedaría rematada en 1571 coas obras da facha central realizadas polo mestre canteiro Melchor Alonso Feal, que aínda se conservan. No interior consérvase o retablo maior, manierista, e as imaxes de devoción da Semana Santa tudense. Entre as imaxes procesionais destaca A Dolorosa da autoría de Agustín Querol. A última reforma data de 1916 pero conserva obras de diferentes épocas e estilos. O mestre canteiro fixo constar a súa autoría co texto "Feal a fez 1575" que ademais de reivindicar o seu traballo constitúe un dos textos en galego máis tardíos nun edificio público.
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
Chegar en bus
- TUI (PRAZA DE GALICIA)a 328 mPontevedra E.A.-Ponte internacional
- TUI (PRAZA DE GALICIA)a 361 mPONTEVEDRA E.A.-PONTE INTERNACIONAL
- Rúa Ourensea 461 mA Guarda-Tabagón-Goian-Torrón-Tui-Porriño-Vigo E.I. · A Guarda-Tabagón-Goian-Torrón-Tui-Porriño-Hospital Álvaro Cunqueiro · A Devesa (Salceda)-Rúa Ourense · Ponte Internacional-A Devesa (Salceda) · Ponte Internacional-Malvas-Tui-Mosende-Alto de San Colmado-CUVI-Vigo E.I. · A Guarda-Tabagón-Goian-Tomiño-Taborda-Tui-Porriño-Vigo E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.