경당
Capela de San Miguel de Celanova
Celanova · Ourense · 0942

A capela de San Miguel de Celanova é unha construción prerrománica de estilo mozárabe, ou de repoboación, a carón do mosteiro de San Salvador de Celanova. Foi declarada Monumento Nacional en 1923. == Descrición == Da época da fundación do mosteiro só resta, na horta, esta pequena capela prerrománica de influencia mozárabe consagrada a San Miguel (coñecida como Capela de San Miguel), única no seu estilo en Galicia. Foi construída entre os anos 937 e 942 e ergueuna San Rosendo como santuario-oratorio e hospedería para peregrinos dedicado ao seu irmán o conde Froilán Gutiérrez, creador do mosteiro de San Salvador, nas proximidades. O material é perpiaño granítico de gran calidade. O templo consta de tres espazos que están delimitados por arcos de ferradura: a nave ou vestíbulo, o espazo central e a ábsida. O primeiro, presenta unha entrada lateral e sobre o lintel aparece unha inscrición en latín, na que se menciona ao conde Froilán. Está cuberta, interiormente, por unha bóveda de canón e o seu muro refórzase con contrafortes e, exteriormente, está cuberto por un tellado a dúas augas. Tamén contén unha pequena fiestra cun arco de ferradura. O corpo central, ou cruceiro, tamén leva contrafortes no muro exterior, tellado a catro augas que se apoia sobre unha cornixa decorada con modillóns ou canzorros de rolos con baixorrelevos nos que alternan espirais e rosetas de seis pétalos, semellantes aos de Santiago de Peñalba (León). Interiormente, garda unha bóveda de arestas que se apoia sobre arcos de ferradura que caen sobre canzorros lobulados. A ábsida está cuberta por un tellado a dúas augas e a menor altura có primeiro corpo. Interiormente ten unha planta case circular, moi pequena, de 1,35 m de diámetro, separada do resto da construción por un arco de ferradura enmarcado por un alfiz, e está cuberto por unha cúpula galonada. A orientación, cara ao leste, está pensada para que o sol nacente atravese, nos equinocios, as fiestras do corpo central. O investigador da Universidade de Vigo Roberto Vázquez Rozas defende que a capela foi construída segundo as proporcións matemáticas de Euclides. O módulo central ten 3,836 metros de longo, o duplo da lonxitude do rectángulo da ábsida (1,915 m x 2,31 de ancho). Estas proporcións están relacionadas coas medidas árabes, que posiblemente determinaron o tamaño da edificación. Así, na capela aparece a relación de proporción de 6, 9 e 12 pés árabes na ábsida, a nave e o espazo cadrado central. Isto responde aos principios da sección áurea expostos por Euclides cara ao século III a. C. Pola súa parte o escritor e enxeñeiro celanovés Xosé Benito Reza Rodríguez sinala na súa obra sobre a capela que a súa xeometría é o resultado de aplicar un módulo equivalente ao diámetro da ábsida (1,35 m), tanto en planta como en alzado; sendo este módulo igual á diagonal dun cadrado de 3 pés árabes de lado ou 3√2. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === *Reza Rodríguez, Xosé Benito (2025). Ciencia e misterio en Celanova. A capela mozárabe de San Miguel. ISBN 978-84-09-67791-7. === Outros artigos === Mosteiro de San Salvador de Celanova === Ligazóns externas === Capela de San Miguel en Turismo.gal. Xunta de Galicia.
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
Chegar en bus
- IES DE CELANOVAa 188 mCelanova (centro saúde)-Campo Real · IES de Celanova-Parbón · IES de Celanova-Parbón · Celanova (centro saúde)-Campo Real · IES de Celanova -Cartelle-San Tomé · IES de Celanova -Cartelle-San Tomé
- Celanovaa 226 mALLARIZ-CELANOVA · CELANOVA-CIMA DE VILA · Celanova-Cima de Vila
- Celanovaa 244 mAllariz-Celanova
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.