경당

Capela de San Roque de Vilalba

Vilalba · Lugo

Capela de San Roque de Vilalba, 경당 en Vilalba

사진: Miguel Branco · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Vilalba의 종교 건축물, 해발 약 476 m, Camiño do Norte에서 84 m.

Vilalba é un concello da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2020 tiña 14 079 habitantes, dos que máis dun terzo viven no núcleo urbano. O seu xentilicio é «vilalbés» e tamén «chairego». O concello posúe unha densidade de poboación de 38,64 hab./km², e unha superficie de 379 km², o que o converte no segundo concello galego en extensión despois da Fonsagrada. Vilalba é a vila principal da súa comarca e a cuarta na provincia, xusto despois de Viveiro. O concello de Vilalba atópase na metade norte da provincia de Lugo; limita polo norte cos concellos de Abadín, Muras e Xermade, polo sur, con Cospeito, Begonte e Guitiriz, polo leste, con Abadín e Cospeito e polo oeste, con Xermade e Guitiriz. A poboación de Vilalba distribúese nas 29 parroquias do concello, ademais do núcleo urbano da vila. Vilalba (do latín Villam Albam, 'vila branca'), posúe un rico patrimonio arqueolóxico e cultural. O concello conserva un bo número de mostras de castros galaicos, entre os que destacan os castros de Gondaísque e Belesar. Dentro do seu patrimonio cultural destaca a Torre da homenaxe do desaparecido castelo de Vilalba, vencellada historicamente á casa dos Andrade, e convertida no século XX en parador de turismo. Con respecto á industria, o concello caracterízase pola súa modesta industrialización, sendo as industrias existentes derivadas do sector primario, é dicir a agroalimentaria, representada por unha empresa multinacional de produtos lácteos, e algunhas pequenas industrias de embutidos, xamóns e de elaboración do queixo D.O. de San Simón. Porén, posúe un polígono industrial de considerable tamaño situado ao nordeste da vila. A gastronomía é un dos meirandes atractivos da vila na que hai que destacar o queixo de San Simón da Costa, o roscón de améndoas e os célebres capóns de Vilalba que se comercializan nunha feira anual, que ten lugar o 21 de decembro.

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

자료

종류 소성당

봉헌 대상 Roque de Montpellier

지점 고도 ≈ 476 m · Terrain Tiles

가장 가까운 마을 Vilalba, 339 m 거리

산티아고 순례길 Camiño do Norte, 84 m 거리

지자체 인구 13,946 (2025) · IGE

지도에서 보기길찾기

버스로 가기

자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.

이 근처