경당
Capela de San Salvador de Samos
Samos · Lugo

A capela de San Salvador de Samos, ou capela do Ciprés, é unha sinxela construción relixiosa que data do século IX e que se atopa tras do mosteiro de Samos (Samos). == Características == Conserva a estrutura dun oratorio mozárabe afín ao culto que divide o espazo na cela ministerial e a nave principal percorrida por unha bancada datada no século XII. Non destaca nin polas súas dimensións nin polo seu exterior que ten como protagonista principal a cachotería de lousa da zona. O interior agocha uns importantes frescos, datados no século X que representan cruces, portadas, alfices, pigmentacións difíciles de atopar nesas terras[Cómpre referencia], decoracións florais etc. == Historia == A súa localización, abrazada polo río e protexida por antigas construción, pode levar a pensar que a capela se sitúa onde estaba o primeiro mosteiro de Samos[Cómpre referencia]. Posteriormente serviu de oratorio para os monxes, e logo caeu en abandono, e foi un pendello onde se gardaban aveños de traballar no campo. A capela recibe este nome por un ciprés próximo de 27 m de altura. Foi declarada monumento nacional en 1944. == Véxase tamén == === Bibliografía === Villa-amil y Castro, José (facsímile: 2005) 1904. Imprenta de San Francisco de Sales (facsímile: Ed. Órbigo, A Coruña), ed. Iglesias gallegas de la Edad Media, colección de artículos publicados por (en castelán). Madrid. p. 410. ISBN 84-934081-5-8. === Outros artigos === Mosteiro de San Xulián de Samos
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
Chegar en bus
- SAMOS (ALBERGUE)a 98 mSARRIA E.A.-PEDRAFITA DO CEBREIRO · Pedrafita do Cebreiro-Santiago E.I. · CEIP de Samos-Zoó
- SAMOS (ALBERGUE)a 121 mSarria E.A.-Pedrafita do Cebreiro · Pedrafita do Cebreiro-Santiago E.I. · CEIP de Samos-Zoó
- Samos (marquesiña)a 343 mSARRIA E.A.-PEDRAFITA DO CEBREIRO · Sarria E.A.-Pedrafita do Cebreiro · Sarria E.A.-Santa Mariña · Sarria E.A.-Santa Mariña · CEIP de Samos-Zoó · CEIP de Samos-Zoó
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.