순례자 숙소

Casa da Viúva

A Gudiña · Ourense

Casa da Viúva, 순례자 숙소 en A Gudiña

사진: Teixuga · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Gudiña의 민간 건축물, 해발 약 974 m, Camiño Xabrés por Verín에서 59 m.

A Casa da Viúva é un edificio histórico situado na vila da Gudiña, no casco urbano e ao pé da estrada N-525. De cronoloxía indeterminada, con probabilidade foi construído no século XIX. O casal é de estilo popular, con perpiaños de granito e planta rectangular. Ten unhas dimensións de 1200 metros cadrados que se dividen en tres andares.

Historia

A principios do século XX, a Casa da Viúva era un despacho de comestibles, café, estanco e surtidor de gasolina rexentado por Florinda Ortega Pérez, nai do alcalde gudiñés da Fronte Popular, Felicísimo Pérez Ortega, e lugar de residencia de ambas. Tralo golpe de Estado de 1936, a Casa da Viúva foi asaltada e Florinda Ortega foi levada presa á cadea de mulleres de Bande. O seu fillo Felicísimo foi quen de fuxir para evitar a execución. En 1993 a Xunta de Galiza adquiriu a Casa da Viúva por 35 millóns de pesetas. A finalidade do edificio era a de centro de divulgación cultural, polo que foi adecuada con espazos para exposicións, conferencias e sala de audiovisuais. A construción, que fai parte da memoria histórica gudiñesa, atópase nun excelente estado de conservación, e ata o ano 2020 acolleu diversos actos culturais, tanto institucionais como provenientes do colectivismo ou de iniciativas particulares. En xuño do ano 2020 transcendeu á prensa que o edificio ía ser convertido en albergue de peregrinos. As obras comezaron en agosto dese ano, e inaugurouse como albergue en xullo de 2021.

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

자료

종류 Casa · Albergue de peregrinos

지점 고도 ≈ 974 m · Terrain Tiles

가장 가까운 마을 A Gudiña, 36 m 거리

산티아고 순례길 Camiño Xabrés por Verín, 59 m 거리

지자체 인구 1,197 (2025) · IGE

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

버스로 가기

자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.

이 근처