갈리시아 영주 저택

Casa Torre de Ceta e Arines

Vigo · Pontevedra

Casa Torre de Ceta e Arines, 갈리시아 영주 저택 en Vigo

사진: Álvaro Rodríguez Resino · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Vigo, Pontevedra의 갈리시아 영주 저택, 해발 약 25 m, Caminho Português de Santiago에서 1.8 km.

A Casa Torre de Ceta e Arines é un edificio histórico do século XV, un palacete urbano pertencente ao gótico tardío que forma un conxunto arquitectónico coa Casa Torre de Pazos Figueroa. Está situado na zona antiga de Vigo, na Praza de Almeida, 2.

Historia

Segundo a documentación existente, a Casa Torre de Ceta, construída no século XV, é a edificación civil máis antiga de Vigo, levantada nun tempo no que a zona antiga xa estaría conformada, coa rúa Real como comunicación co Berbés. Forma unidade arquitectónica coa Casa Torre de Pazos Figueroa e, os dous edificios, xuntos e contiguos, conforman a sede do Instituto Camôes de Cultura Portuguesa en Vigo. Os dous inmobles foron declarados Monumento Histórico-Artístico en 1946.Uxío Reinoso Maset, seguindo a obra de 1589 de Juan de Ocampo, sostén a idea de que este edificio fose construído, ampliado ou reconstruído coas pedras do Castelo do Penso de Vigo entre 1480 e 1483, por parte do casal Diego de Pazos de Probén (daquela gobernador de Vigo) e María Alfonso de Pazos Figueroa. Pola contra, o investigador Grato Amor mantén dúbidas respecto a opinión de que a torre deste conxunto fora construída coas pedras da antiga Torre do Penso, fortificación que se levantou durante a Idade Media na actual rúa do Pracer. Para Grato Amor, en Vigo mantívose o nome de Casa Arines porque o último propietario da casa no século XIX pertenceu a esa familia. No ano 1997, o arquitecto Alfonso Penela realizou a rehabilitación do conxunto partindo de tres edificios en ruínas. O conxunto arquitectónico quedou formado por unha torre, a casa e unha pequena construción posterior. A isto incorporouse un pequeno elemento de acceso ao interior. A rehabilitación recibiu o premio Irmáns Gómez Román.

Construción e estilo

O arquitecto Xaime Garrido Rodríguez, no seu libro A arquitectura en Pedra en Vigo indentifícaa como "gótico tardío do século XV".Ten aspecto de torreón medieval, construído con pedra de cantaría, con perpiaños de acabado apiconado, construído en forma de torre, cunha decoración moi sobria onde só destacan os linteis dos vans que dan á Praza de Almeida e unha cornixa con gárgolas para o desaugadoiro da auga de choiva. Na súa fachada ten dous escudos representativos da familia.

Outros artigos

Casa Torre de Pazos Figueroa María Alfonso de Pazos Figueroa

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

자료

종류 Mansión

보호 지정 Ben de Interese Cultural

지점 고도 ≈ 25 m · Terrain Tiles

가장 가까운 마을 Vigo, 235 m 거리

산티아고 순례길 Caminho Português de Santiago, 1.8 km 거리

지자체 인구 295,735 (2025) · IGE

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

버스로 가기

자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.

이 근처