역사 지구

Casas de Paredes

A Coruña

Casas de Paredes, 역사 지구 en A Coruña

사진: FirkinCat · CC BY-SA 3.0 es · Wikimedia Commons ↗

Coruña의 민간 건축물, 해발 약 17 m, Camiño Inglés에서 60 m.

As chamadas Casas de Paredes da Coruña son unhas singulares construcións realizadas a partir do ano 1778, dentro do estilo neoclásico que diversos enxeñeiros militares de varias procedencias estaban a desenvolver no norte de Galicia, sobre todo na cidade de Ferrol. Deben o seu nome ao capitán xeneral García de Paredes, gran promotor do proxecto.

Contexto artístico

A pesar de que o estilo neoclásico foi primeiro desenvolvido en Galicia (de maneira bastante prematura) na cidade de Santiago polo arquitecto Domingo Antonio Lois Montegudo (creador da Porta da Acibecharía e a Capela da Comuñón da catedral compostelá e do Pazo de Bóveda na Terra de Lemos), realmente comezou a estenderse e a alcanzar certo privilexio no país grazas a un grupo de enxeñeiros pertencentes ó corpo militar que se encontraban en Galicia por mor das empresas reformistas borbónicas, e que incluían a construción de fortificacións, redes viarias, ou do arsenal de Ferrol. Estes enxeñeiros tiñan unha destacábel formación técnica e unha marcada estética racionalista. Ademais das devanditas construcións de carácter técnico-militar, tamén realizaron outras construcións singulares —civís e relixiosas— durante a súa estancia na terra galega. Dous dos máis salientábeis enxeñeiros pertencentes a este grupo son o francés Carlos Lemaur (quen elaborou os planos do Pazo de Raxoi de Compostela) e o conquense Julián Sánchez Bort (responsable da nova fachada da Catedral de Lugo e arquitecto principal da concatedral de San Xiao de Ferrol).

O proxecto das Casas

A construción das casas de Paredes comezou no ano 1778. O principal obxectivo do plan de construción, que non chegou a realizarse na súa totalidade, era embelecer a vista da cidade dende o mar. O plan inicial pretendía comprender toda a fachada atlántica de Marineda, é dicir, o tramo comprendido entre o Cantón Grande e a Porta Real, deixando a Casa da Aduana como elemento central. Porén, debido á falta de presupostos, e incluso tendo xa os terreos dispostos, a obra non foi concluída (nela destaca o baleiro formado pola praciña do calello da Estacada). Foi un dos proxectos máis singulares levados a cabo na cidade da Coruña durante o período da Ilustración. Foron varios os arquitectos, enxeñeiros, mestres de obra e canteiros os que participaron no proxecto. Pedro Martín Cermeño, nado en Melilla e coñecido por proxectar a Catedral Nova de Lleida e a Igrexa de San Miguel do Porto no barcelonés barrio da Barceloneta foi quen deseñou toda a fronte. As construcións mostran unha concepción filoilustrada, vinculada á arquitectura francesa do momento, concretamente á portuaria. Sobre os baixos porticados, no primeiro piso destacan os balcóns corridos, nos que se abren xanelas decoradas con frontóns triangulares. No segundo piso, repítense as mesmas filas de fiestras, neste caso só cunhas molduras como decorado. Trátanse de fachadas moi académicas, nas que destacan os pórticos, os balcóns e a cuberta con bufardas nas catro vertentes. Foi un dos primeiros experimentos urbanísticos modernos da cidade da Coruña e de Galicia en xeral, e buscaba, baixo os idearios ilustrados, dotar de salubridade o barrio da Peixería, ademais de renovar o aspecto da cidade, que comezaba a gañar máis importancia a nivel comercial.

Outros artigos

Casa do Consulado

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

자료

종류 Conxunto arquitectónico · Monumento

양식 Neoclasicismo

보호 지정 Ben de Interese Cultural

지점 고도 ≈ 17 m · Terrain Tiles

가장 가까운 마을 A Coruña, 385 m 거리

산티아고 순례길 Camiño Inglés, 60 m 거리

지자체 인구 251,277 (2025) · IGE

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

버스로 가기

자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.

이 근처