성
Castelo da Palma
Mugardos · A Coruña
사진: Jcfidy · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Mugardos의 군사 건축물, 해발 약 14 m, Mugardos에서 1.4 km.
O castelo da Palma, ou castelo de Nosa Señora da Palma, é un castelo do século XVI situado no concello de Mugardos que formaba parte do sistema defensivo da ría de Ferrol.
Historia
A súa orixe remóntase á época dos enxeñeiros militares de Filipe II, no último cuarto do século XVI, concretamente ao ano 1597. Formaba parte do sistema defensivo de acceso á ría de Ferrol dende o mar, polo que se sitúa nunha enseada na entrada da ría de Ferrol fronte ao castelo de San Filipe. Nace integrado nunha estrutura defensiva de tres castelos, coñecida como un «triángulo de fogo»: San Filipe, San Martín e o da Palma. Este sistema defensivo bloqueaba a entrada da ría por medio dunha cadea submarina tendida desde este castelo ao de San Filipe. Co desenvolvemento do Arsenal Militar realízanse obras de ampliación nos séculos XVIII e XIX por mor dos avances tecnolóxicos no eido militar. Posuía pouco armamento e a súa función limitábase a vixilancia do tráfico marítimo. Contaba cunha batería en ángulo aberto cara ao mar e unha dobre fronte con baluartes cara a terra firme. O edificio actual provén das reformas levadas a cabo no século XVIII e finais do século XIX. A súa última función, na segunda metade do século XX, foi como cárcere militar, onde estivo confinado, entre outros, o golpista do 23-F o tenente coronel da Garda Civil Antonio Tejero. En 2002, un grupo hoteleiro iniciou negociacións para adquirir o castelo ao Estado español, sen que o proxecto se tivese levado a cabo ata o momento. En 2021 a Oficina de Turismo de Mugardos organizou visitas guiadas ao edificio.
Galería de imaxes
Outros artigos
Castelos de Galicia
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
시대 근세
종류 방어 시설
다른 이름 Palma, Castelo da
보호 지정 Ben de Interese Cultural
지점 고도 ≈ 14 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 Mugardos, 1.4 km 거리
지자체 인구 5,199 (2025) · IGE
버스로 가기
- San Felipe704 m 거리Mercado de San Xulián-San Felipe · Mercado de San Xulián-San Felipe · Valón (estrada)-San Felipe · Valón (estrada)-San Felipe
- O Baño1.1 km 거리Praza de Galicia-O Seixo-Pontedeume · Praza de Galicia-Ares-Chanteiro-Mugardos-Praza de Galicia · Praza de Galicia-O Seixo-Pontedeume
- IES de Mugardos1.2 km 거리Redes (cruzamento)-IES de Mugardos · Praza de Galicia-Cruce de Redes-IES Mugardos-Praza de Galicia · Redes (cruzamento)-IES de Mugardos
자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.