성곽도시

Castelo de Cans

Cans · O Porriño · Pontevedra

Castelo de Cans, 성곽도시 en O Porriño

사진: HombreDHojalata · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Cans, O Porriño의 방어 건축물, 해발 약 313 m, Caminho Português de Santiago에서 2.7 km.

O Castelo de Cans, tamén coñecido como castelo de Miravel ou Mirabel, é un monumento medieval emprazado sobre unha impresionante penedía granítica situada a 358 m de altitude, na zona máis alta da parroquia do mesmo nome.

Historia

A información sobre a historia do castelo é moi escasa. Mediante uns arquivos da catedral de Santa María de Tui sábese que a fortaleza foi ocupada por Paio Gómez e outros compañeiros, aos cales posteriormente foi confiscada polo rei don Henrique III e doado a Álvaro Fernández de Valladares. O castelo era nomeado en devanditos arquivos coma castelo de Miravel. Todo isto transcorreu durante o século XIV, despois desta época descoñécese a súa historia. É posíbel que fora destruído, coma outras fortalezas, pola revolta irmandiña (século XV). Outra das posíbeis causas da súa desaparición podería ter sido a orde dos Reis Católicos, en 1438, de destruír todos os castelos que que non foran cabeza dun meiriño. As súas pedras foron botadas polo cantil e aproveitadas posteriormente para outros fins.

Descrición

É un característico castelo roqueiro medieval, do que tan só subsisten as pegadas talladas na rocha, así como algúns restos cerámicos e outros restos arqueolóxicos de escasa visibilidade. As marcas deixadas na rocha permítennos saber o lugar onde ía emprazada a entrada, a torre principal, as murallas defensivas, o alxibe etc. A modo de anécdota de tradición oral, pódese mencionar que o lugar tamén recibe o alcume popular "O Pianista" ou "O Beethoven", porque visto dende abaixo, dende o val, a forma das rochas pode lembrar a forma dun home sentado ante un gran piano.

Outros artigos

Gándaras de Budiño.

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

자료

시대 중세

종류 Fortificación

상태 En ruínas

지점 고도 ≈ 313 m · Terrain Tiles

가장 가까운 마을 O Porriño, 2.7 km 거리

산티아고 순례길 Caminho Português de Santiago, 2.7 km 거리

지자체 인구 20,935 (2025) · IGE

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

버스로 가기

자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.

이 근처