Castelo de Navia

Navia de Suarna · Lugo

Castelo de Navia

O castelo de Navia é unha fortaleza medieval situado no centro urbano de Navia de Suarna. == Situación == Sitúase no concello lugués de Navia de Suarna, ao nordeste da vila, sobre un risco de lousa dende o que domina o paso do río, que nese lugar é posible a través dunha fermosa ponte altomedieval. == Historia == A súa orixe remóntase ao século XI. No ano 1037 Rodrigo Gutiérrez entregouno como dote a súa esposa Senior. Co tempo pasou a mans dos Osorio e dos Altamira. No ano 1467 os Irmandiños destruíron o castelo, que foi reconstruído tempo máis tarde. Pasou despois a mans dos Losada Quiroga e a dos Freire de Andrade. Finalmente acabou nas mans do cura Manuel López Armesto que transformou o castelo nun edificio de vivendas, tal e como permanece hoxe en día. == Descrición == Nel mestúranse elementos antigos con feísmos e amaños modernos. A construción de orixe no século XI foi completamente reedificada no século XV e na actualidade está completamente deformada para facer dela vivendas particulares.

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처