성
Castelo de Ribadavia
Ribadavia · Ourense
사진: HombreDHojalata · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Ribadavia의 중세 요새, 해발 약 106 m, Caminho da Geira e dos Arrieiros에서 147 m.
O castelo de Ribadavia é un amplo espazo arqueolóxico e monumental do que foi a fortaleza dos Condes de Ribadavia, da familia Sarmiento. Son os restos dun castelo de grandes dimensións que foi escavado e está na actualidade en proceso de rehabilitación.
Situación
Sitúase no conxunto histórico de Ribadavia, a súa fachada oeste dá á rúa Progreso, debido á súa amplitude forma un conxunto que linda con varias rúas e prazas do conxunto histórico. A entrada a este recinto arqueolóxico de gran valor faise pola oficina de turismo de Ribadavia, sita na Praza Maior, no Pazo dos Condes de Ribadavia.
Historia
Algúns historiadores como Meruéndano levan a orixe deste castelo aos primeiros anos da Reconquista sendo logo ampliado durante o breve reinado de García de Galicia (1065-1071) que estableceu en Ribadavia a súa corte e a capital do seu reino. Porén outros moitos autores consideran que o castelo foi construído no século XII. Tempo despois serviu de refuxio para a Condesa de Traba e o rei neno Afonso VII que alí resistiron o ataque de Arias Pérez partidario dos dereitos sucesorios de Dona Orraca. Fernando II concedeulle en 1164 o foro de cidade de Ribadavia, entón chamada Bobou, e entregouna xunto co castelo ao seu tutor a Xoán Arias da Casa de Traba No ano 1375 Henrique II de Trastámara concedeulle o señorío de Ribadavia a Pedro Ruiz Sarmiento, pasando desde entón o castelo á propiedade da familia Sarmiento. Foi obxecto de importantes reformas no século XV que lle conferiron a súa imaxe definitiva. Foi abandonado no século XVII cando os condes de Ribadavia fixan a súa residencia no Pazo dos condes, na praza maior, e que estaba comunicado co castelo por unha porta. Tralo seu abandono o castelo sufriu a perda de moita da súa pedra que foi reaproveitada para a construción de moitas casas de Ribadavia.
Descrición
Das portas das antigas murallas que formaban parte co castelo dos sistema defensivo: a Porta da Vila (norte), a Porta de Santo Domingo (sur), A Porta da Fonte da Prata ou de San Xoán (oeste) e a Porta Nova de Arriba (leste), só esta última se conserva, xunto con outras dúas portas posteriores, a Porta Falsa da Magdalena (postigo) e a Porta da Tafona, que servía para permitir achegarse as augas do Avia. Dous fortes torreóns circulares flanquean a porta principal que presenta un arco de medio punto. Un escudo coas armas dos Sarmiento e os Fajardo decora a porta principal. No interior, nas escavacións arqueolóxicas levadas a cabo por Manuel Chamoso Lamas, puxéronse ao descuberto un conxunto de 20 sepulcros antropomorfos que conformaban unha necrópole medieval, datada nos séculos IX e XII. A carón das tumbas unha escalinata circular traballada directamente na rocha nai e que puideron pertencer á capela ou templo que fora o centro do camposanto. No interior do recinto amurallado construíuse, no século XX, na parte máis achegada ao río un auditorium, onde se celebra a Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia, no mes de xullo.
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 Castelo
지점 고도 ≈ 106 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 Ribadavia, 151 m 거리
산티아고 순례길 Caminho da Geira e dos Arrieiros, 147 m 거리
지자체 인구 4,917 (2025) · IGE
출처 PNOA
버스로 가기
- A FOZ260 m 거리IES de Ribadavia-Remuíño · IES de Ribadavia-Remuíño
- Os Chalés384 m 거리IES DE RIBADAVIA-PREXIGUEIRO · IES DE RIBADAVIA-PREXIGUEIRO
- Ribadavia (San Francisco)432 m 거리O Carballiño (auditorio)-Ribadavia E.A. · Ribadavia E.A.-Hospital Álvaro Cunqueiro · Ribadavia E.A.-Vigo E.I. · O Carballiño (auditorio)-Ribadavia E.A. · IES de Ribadavia-Barzamedelle · IES de Ribadavia-Barzamedelle
자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.
