Castelo dos Novais

Quiroga · Lugo

Castelo dos Novais

O castelo dos Novais é unha fortificación medieval situada na parroquia de Sequeiros (Quiroga). == Descrición == A súa construción iniciouse cara ao século X, aproveitando posiblemente unha fortificación anterior. O castelo aproveita as ladeiras empinadas do monte do Castelo, rodeado dos vales do río do Castelo das Eiras e do río Sil, a carón da estrada N-120. Na parte exterior conserva os muros, foxos e defensas. No interior mantén a torre da homenaxe, a parte máis antiga do conxunto. Ten planta cadrada, cunha porta con bóveda de medio punto cara ao sur. Esta porta é de pedra cabaleira, dunha cor loura intensa por mor do alto nivel de oxidación do ferro que contén. O pazo, do século XI, é de planta trapezoidal e foi construído polos Cabaleiros de San Xoán de Malta. Na entrada, tamén de arco de medio punto, hai unha Cruz de Malta gravada. Ten tamén unha ventá aximezada. == Véxase tamén == === Outros artigos === Castelos de Galicia

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처