힐포트

Castro de Nós

Oleiros · A Coruña

Aínda non hai foto de Castro de Nós

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|43.31496|-8.32792}}

O castro de Nós, tamén chamado Alto das Gobernas, ou Monte do Castro, ou Castro de Sarro, ou Castro Iñás, é un castro situado na parroquia de San Pedro de Nós, no concello coruñés de Oleiros. == Morfoloxía == Consta dun recinto fortificado de planta elíptica. Ten unhas dimensións de 160 metros no eixo este-oeste e 80 metros no eixo norte-sur. As defensas están formadas por un talude na parte norte, cun terraplén exterior cunha altura de case 4 metros, case vertical na súa cara exterior pero de pendente lene na cara interior. Na zona oeste preséntanse un foso e un parapeto que salvan un desnivel de ata 8 metros. O lado meridional está defendido pola caída natural do terreo, pechándose tan só cun terraplén. Na parte noroeste está o acceso. Aprécianse algunhas estruturas que poderían ser un sistema defensivo para protexer a entrada ó interior do asentamento. == Arqueoloxía == Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. == Véxase tamén == === Outros artigos === Castro Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña === Ligazóns externas === Catálogo. PXOM de Oleiros. Novembro do 2008.

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처