켈트 성채
Castro de Penas do Castelo
Salcedo · A Pobra do Brollón · Lugo
Castro de Penas do Castelo의 사진이 아직 없습니다
가지고 계시다면 좌표를 넣어 Wikimedia Commons ↗ 에 올려주세요. 그러면 이 지도에도, 공개 자료를 쓰는 다른 어떤 지도에도 저절로 반영됩니다. 또는 보내주세요.
{{Location|42.53250|-7.32146}}
Salcedo (A Pobra do Brollón, Lugo)의 켈트 성채, 해발 약 507 m, Camiño de Inverno에서 2.8 km.
O castro de Penas do Castelo é un xacemento arqueolóxico da Idade de Ferro situado sobre un promontorio rochoso no val do río Lor, na parroquia de Salcedo, no concello da Pobra do Brollón. Trátase dunha das fortificacións castrexas máis antigas coñecidas na Galiza, cunha datación situada entre os séculos IX e VIII a. C.
Características
O castro presenta unha arquitectura monumental insólita para o seu tempo. Mentres que outros asentamentos da época construían con materiais perecedoiros, como madeira e barro, en Penas do Castelo xa se erguían fortificacións permanentes en pedra de grande envergadura. Este feito suxire a existencia dunha comunidade altamente organizada, con xerarquías sociais e capacidade de mobilización de man de obra. O recinto principal estaba defendido por unha muralla especialmente grosa, o que reflicte un alto grao de coñecemento técnico e planificación estratéxica. Tamén destacan estruturas inéditas do que puido ser unha explotación metalúrxica ou un almacén de cereais.
Datación
En decembro de 2021, os resultados dunha datación por radiocarbono (carbono-14) realizados sobre mostras de terra extraídas pola edafóloga Cruz Ferro determinaron que o asentamento foi construído entre os séculos IX e VIII a. C., nos inicios da época castrexa e na transición da Idade de Bronce á Idade de Ferro. A análise foi realizada no laboratorio BETA de Miami e amosou unha coherencia significativa entre as diferentes mostras, o que outorga alta fiabilidade aos resultados. A excepcional antigüidade do castro fixo que este descubrimento fose considerado un dos máis importantes de Galicia, ocupando o primeiro posto na lista anual elaborada polo Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las.
Campañas arqueolóxicas
As campañas arqueolóxicas no xacemento comezaron no ano 2021, dirixidas polo arqueólogo Benito Vilas. Na primeira intervención descubriuse un sistema defensivo complexo cunha muralla de pedra de ata 6 m de anchura e 4 m de altura. Durante a campaña de 2022 identificáronse dúas entradas na muralla: unha porta moi estreita, pola que só podía pasar unha persoa de cada vez, e outra máis ampla, de varios metros de longo. Os investigadores interpretan este deseño como un sistema pensado para dificultar o acceso de posibles invasores e facilitar a defensa dende o interior. Na cuarta escavación atopáronse evidencias dun antigo incendio que debeu afectar a algunhas das estruturas do castro. Entre finais de agosto e comezos de setembro de 2025 está prevista a terceira campaña arqueolóxica, centrada na zona intermedia entre ambas entradas, co obxectivo de confirmar estas hipóteses e comprender mellor a función do asentamento.
Outros artigos
Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 켈트 성채 · Sitio arqueolóxico
지점 고도 ≈ 507 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 Quiroga, 7.6 km 거리
산티아고 순례길 Camiño de Inverno, 2.8 km 거리
지자체 인구 1,602 (2025) · IGE
