힐포트

Castro de Viladonelle

Neda · A Coruña

O Castro de Viladonelle é un castro de cumio fortificado situado en Neda. Situado nun cumio ao pé do río Belelle, con impresionantes vistas sobre a fervenza do Belelle. Ten forma ovalada, cunhas medidas de 90 por 60 metros, cunha soa liña defensiva e foxo ao leste. Ata os anos noventa do pasado século aproveitouse como canteira deteriorando as defensas e croa. Plantado de eucaliptos. Pese ao mal estado do castro, se se vai ao lugar Da Croa, en Viladonelle, pódese chegar a inferir a forma do castro, vendo na entrada do lugar un terraplén de terra precedido por outro máis pequeno. O castro nótase por posuír sobre el, un camiño que fai unha volta completa por dentro do castro, seguindo o perímetro interior dos antigos muros e nalgún tramo directamente sobre eles. Utilizando a ferramenta de prospección "LIDAR" pódense ver perfectamente os trazados da muralla e o murete, pero por culpa da plantación de eucaliptos no interior da fortificación, non é posible discernir ningún tipo de edificación dentro, posto que o eucalipto é unha árbore cuxas raíces deforman e se chantan moi fondamente no terreo.

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처