힐포트

Castro do Croado

Vimianzo · A Coruña

O Castro do Croado ou Cruado é un castro galaico, situado na parroquia de Cereixo, no concello da Vimianzo. == Descrición == O Croado domina a paisaxe da parroquia. A súa coroa (de aí o nome Croado ou Cruado, de Coroado) destaca reforzada pola vexetación que aflora sobre a fortificación do asentamento. De planta ovalada, posúe unhas dimensións de 125 × 80 metros, ocupando unha superficie aproximada de 0,8 hectáreas. Conserva ben restos da súa muralla perimetral, acompañada de parapeto e foxo, que acolle socalcos dispostos de maneira concéntrica. Aparece incluído no Inventario do patrimonio cultural do Concello de Vimianzo e goza do grao de protección integral e tamén foi un dos dez castros de Vimianzo identificados na obra O poboamento castrexo na rexión occidental da provincia da Coruña, de Xerardo Agrafoxo. Está incluído no PXOM de Camariñas. == Tradición oral == Hai unha antiga lenda no castro do Croado que os veciños aínda lembran hoxe en día. O dito di: “Cruado, Cruado, quen me dera o teu reinado”. Cóntase que no lugar ocorren sucesos de difícil explicación. Segundo a tradición popular nese monte os mouros gardaron un tesouro nun caldeiro e aquel que intentou atopalo sufriu estraños accidentes. == Notas == == Véxase tamén ==

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처