호수
Encoro das Forcadas
Loira · Valdoviño · A Coruña · 1966
사진: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗
Loira (Valdoviño, A Coruña)의 호수, 해발 약 170 m, Cedeira에서 5.5 km.
O encoro das Forcadas construíuse en 1966 na cunca do río das Forcadas á altura das parroquias de Vilaboa e Loira, no concello de Valdoviño, para fornecer de auga á comarca de Ferrolterra. O encoro é propiedade do Concello de Ferrol e está xestionado por Emafesa. O concello de Ferrol págalle ao de Valdoviño en concepto de Imposto de Bens Inmobles 268,79 euros anuais.
Hidroeléctrica de Ferrerías
As orixes da eléctrica de Ferrerías e o aproveitamento eléctrico do río Forcadas son de Bartolomé Freire Lago, fundador de Megasa. O elevado consumo de electricidade do forno eléctrico e a falta de subministración local fai que os irmáns Freire decidan a construción dunha central hidroeléctrica. A central eléctrica de Ferrerías (Valdoviño) para abastecer MEGASA constrúese no río das Forcadas por concesión do 2 de xuño de 1956 cun caudal de 1.200 l/s nun salto de 136,5 m. Unha condución de tres quilómetros de lonxitude, cun tramo intermedio de cerca de setecentos metros en túnel. A nova central ten unha potencia instalada de 1.320 kW transportada nunha nova liña eléctrica ata Xuvia. Hidroeléctrica das Forcadas conectaríase posteriormente á rede eléctrica de FENOSA, cando ampliou as súas instalacións e conectáronse os saltos do Eume en 1960 e Belesar en 1963. A captación de auga para a hidroeléctrica de Ferrerías está unhas ducias de metros augas abaixo do encoro das Forcadas (construído en 1960). O encoro das Forcadas tiña unha capacidade de 8 hm³, ampliado en 1980 ata os actuais 11 hm³. Este novo encoro alterou de maneira significativa a dinámica fluvial augas abaixo do encoro e as condicións de funcionamento e explotación da hidroeléctrica de MEGASA que pechou en 1965. Entón a produción media anual era duns 3.100 MWh. O edificio da central eléctrica de Ferrerías (Valdoviño) é de planta rectangular e está moi preto da estrada Ferrol-Cedeira, na desembocadura do río Forcadas na ría de Cedeira. A empresa Hidrospan SA puxo de novo en funcionamento a central na década de 1980 con financiamento de SODIGA e co nome de Hidroeléctrica del Forcadas SA. Despois dos estudos o caudal da central de Ferrerías fixouse en 1 m³/s para un salto bruto de 137 m. A potencia fixada foi de 1.310 kW de potencia nominal e dous grupos turbina-alternador cun total de 1.967 kW instalados nunha turbina Francis de 1.310 kW e unha turbina Pelton de 657 kW.
Encoro das Forcadas
Ao redor do encoro hai unha estrada de 12 km que o percorre na súa totalidade. No encoro pódese facer diversas actividades de lecer: Pesca, a pé na ribeira ou en embarcacións sen motor. Vela lixeira. Hai club náutico e escola de vela, piragüismo e remo. Barranquismo nos ríos que fornecen o encoro. Fotografía. Na contorna hai diversas especies de aves.
Servizo
O encoro das Forcadas xestionado por EMAFESA fornece aos concellos de Ferrol, Narón, Fene, Valdoviño, Mugardos, Ares e en parte Neda. Hai captacións distintas como a que fornece a Neda, que ven case por completo do río Belelle ou a do río Xuvia en Narón que xa non se emprega. Valdoviño ten ETAP propia no Cameleiro. A auga do encoro das Forcadas chega por 17,4 km de conducións á ETAP de Catabois (Ferrol) para ser potabilizada. O ciclo da auga remata na EDAR de Cabo Prioriño (Ferrol).
Outros artigos
Megasa Lista de encoros de Galicia
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 Encoro
지점 고도 ≈ 170 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 Cedeira, 5.5 km 거리
지자체 인구 6,805 (2025) · IGE
버스로 가기
- As Cortiñas885 m 거리A Porta do Sol (marquesiña)-Loiravella · A Porta do Sol (marquesiña)-Loiravella
- MARTICES (SUR)1.2 km 거리A Porta do Sol (marquesiña)-Loiravella · A Porta do Sol (marquesiña)-Loiravella
- Os Martices (cruzamento)1.2 km 거리A Porta do Sol (marquesiña)-Loiravella · A Porta do Sol (marquesiña)-Loiravella
자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.