호수
Encoro de Zamáns
Vigo · Pontevedra
.jpg?width=640)
O Encoro do Alcalde Pérez-Lorente, habitualmente coñecido como encoro de Zamáns, é un pantano artificial creado en 1960 no río de Zamáns, na parroquia de Zamáns, no concello de Vigo. A súa capacidade é de 2,2 hm³ e ocupa unha superficie de 20 hectáreas. Na zona de maior profundidade acada os 29 metros. Fornece con auga potábel a poboación de Vigo. Até a construción do encoro de Eiras en 1977 era o único sistema de abastecemento de auga da cidade.
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗