등대

Faro de Fisterra

Fisterra · A Coruña · 1853

Faro de Fisterra

O faro de Fisterra é un faro situado no cabo Fisterra construído en 1853. == Historia e características == A torre é de cantería e base octogonal, de 17 metros de alto cunha cornixa sobre a que se apoia a balconada. A bóveda ten unha lanterna poligonal. A súa luz, situada a 143 metros sobre o nivel do mar, acada máis das 23 millas náuticas. A constante néboa do inverno provocou que se lle engadise unha sirena en 1888, a Vaca de Fisterra, para avisar aos navegantes do perigo existente. O feito de que esta punta fose o Finis Terrae para os antigos fixo que nacesen sobre ela unha serie de lendas. Malia a existencia do faro, a zona foi escenario de naufraxios, como en 1870, cando afundiu o Monitor Captain, levando 482 persoas da súa tripulación no suceso máis lutuoso desta costa. == Galería de imaxes == == Véxase tamén == === Bibliografía === Pazos, Lino (2003). Faros de Galicia. Guías Galaxia. Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-636-3. Sánchez García, Jesús Ángel (2004). Faros de Galicia (en castelán). Fundación Caixa Galicia. ISBN 84-95491-38-9. === Outros artigos === Lista de faros de Galicia Camiño dos Faros === Ligazóns externas === Mapa dos faros e balizas Autoridade Portuaria da Coruña. Listaxe de balizamentos das costas atlánticas españolas (en inglés)

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처