폭포
Fervenza do Escouridal
Alfoz do Castrodouro · Lugo

A fervenza o Escouridal é unha fervenza situada no río Guilfonso, entre os concellos de Alfoz do Castrodouro (parroquia do Pereiro) e O Valadouro (parroquia do Cadramón). Está entre as máis altas de Galicia, contando os varios tramos que a constitúen. == Características == Ten acceso dende O Cadramón e dende O Pereiro, este máis curto (pouco máis de 3 km entre ida e volta) e doado, se ben o último tramo é cualificado na literatura como de dificultade media. Forma parte do río Guilfonso, que logo dá nacemento ó río Ouro, estando situada a fervenza nas abas da serra do Xistral, unha zona de pluviosidade elevada. A parte central da fervenza ten 80 m de desnivel, se ben o conxunto achégase ós 150 m. == Galería de imaxes == == Véxase tamén == === Bibliografía === Muñiz de las Cuevas, R.; Fontenla Cotelo, M. (2009). Guía das fervenzas de Lugo e Ourense. Vilaboa: Edicións do Cumio. p. 28-29. ISBN 978-84-8289-271-9.
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
Chegar en bus
- A Fonte da Vilaa 1.1 kmCEIP Santa María do Valadouro-As Folgueiras · CEIP Santa María do Valadouro-As Folgueiras
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.