보호 지역

Fraga de Catasós

Catasós · Lalín · Pontevedra · 2000

Fraga de Catasós, 보호 지역 en Lalín

사진: Jglamela · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Catasós (Lalín, Pontevedra)의 보호 지역, 해발 약 590 m, Camiño Xabrés에서 2.5 km.

A fraga de Catasós, a carballeira ou souto de Quiroga, é unha fraga (ou souto mixto) declarada árbore senlleira e monumento natural no ano 2000 e que se sitúa no lugar de Quintela, Catasós, no concello pontevedrés de Lalín. Tamén se coñece co nome de "carballeira" xa que a maior parte dos exemplares dominantes son carballos. Como tamén salienta polos seus senlleiros castiñeiros tamén se lle emprega "souto". Algunhas destas árbores teñen varios centos de anos, até 5 metros de circunferencia e máis de 30 metros de altura (os máis altos de Europa).

Descrición

É un reduto de fraga (bosque caducifolio mixto atlántico) que ocupa unha superficie total 4.5185 hectáreas. Aséntase sobre micacitas metamórficas prehercinianas básicas, que dan lugar a solos pardos acedos, de alta produtividade forestal. A área pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea e subprovincia cántabro-atlántica, e adscríbese ao sector galaico-portugués. Encóntrase nunha zona de transición entre o dominio climático oceánico de montaña e oceánico húmido con tendencia á aridez estival, cunha precipitación media anual de 1.290 mm, unha temperatura media de 12,7 °C e unha media de 293 días libres de xeadas. Sitúase a unha altitude aproximada de 550 m sobre o nivel do mar.

Especies de importancia

Destacan no espazo a presenza de: o carballo común, Quercus robur. o castiñeiro, Castanea sativa, algún senlleiros e dos maiores do continente. Foron aproveitados coma soutos para produción de castañas e madeira (fabricación de moblaxe, trabes e leña). a Narcissus cyclamineus, un amarelle, herbácea endémica de Galicia e norte de Portugal, recollida no anexo II da Directiva Hábitats, considérase vulnerable en Galicia. e a vacaloura (Lucanus cervus), recollida no anexo II da Directiva Hábitats, considérase vulnerable en Galicia.

Situación

A fraga atópase a uns 4 km da vila de Lalín, preto da estrada N-525 entre Santiago de Compostela e Ourense. Posúe unha curta e sinxela ruta para practicar sendeirismo, un paseo fluvial a través da fraga moi ben sinalizada.

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

자료

종류 Bosque · Espazo natural protexido

면적 5 m²

지점 고도 ≈ 590 m · Terrain Tiles

가장 가까운 마을 Lalín, 3.1 km 거리

산티아고 순례길 Camiño Xabrés, 2.5 km 거리

지자체 인구 20,255 (2025) · IGE

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

버스로 가기

자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.

이 근처