교회당

Igrexa da Nosa Señora do Pilar dos Peares

A Peroxa · Ourense · 2000

Igrexa da Nosa Señora do Pilar dos Peares

Os Peares é un núcleo de poboación galego repartido entre catro parroquias de catro concellos pertencentes a dúas provincias. Oficialmente, con este nome existen unha parroquia do concello ourensán da Peroxa e o único lugar desta parroquia. Por extensión úsase este topónimo para referirse ao núcleo de poboación que forman a parroquia e lugar anteriormente mencionados, e mais os lugares do Coitelo no tamén ourensán concello de Nogueira de Ramuín, A Granxa no concello lugués de Carballedo e O Torrón no tamén concello lugués de Pantón. En 2015, segundo datos do IGE, tiña 155 habitantes, dos cales 78 eran homes e 77 mulleres. Os lugares máis poboados son Os Peares con 68 habitantes e A Granxa con 61, pola contra o lugar do Torrón é o menos poboado con 5 habitantes.

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처