교회당
Igrexa das Capuchinas da Coruña
A Coruña
사진: Zarateman · CC0 · Wikimedia Commons ↗
Coruña의 종교 건축물, 해발 약 27 m, Camiño Inglés에서 197 m.
A igrexa das Capuchinas é un templo situado na rúa das Panadeiras da cidade da Coruña. Formaba parte do antigo convento das Capuchinas, que foi rehabilitado para acoller o Museo de Belas Artes.
Historia
A presenza das capuchinas na Coruña dátase en 1683. Instaláronse nunha casa doada por Antonia de Prego xunto á capela de Nosa Señora das Marabillas. Esta capela foi derrubada para construír o novo edificio do convento, iniciado en 1688 segundo planos de Domingo de Andrade, que estivo no cargo ata 1707. A obra seguiu baixo o mecenado do arcebispo Antonio de Monroy co arquitecto Fernando de Casas Novoa, que deseñou, entre outras partes do convento, a fachada (1715). Dende 1966 celebrouse na igrexa a primeira misa fixa en galego, oficiada polo crego Manuel Espiña. O convento estivo en uso ata 1982; dende entón a comunidade mora nun novo edificio na parroquia de Liáns, Oleiros. En 1988, Manuel Gallego Jorreto presentou un proxecto de rehabilitación para a nova sede do Museo de Belas Artes que foi inaugurada en 1995. Esta intervención foi merecente do Premio Nacional de Arquitectura no ano 1997. Pola súa banda, tras varias rehabilitacións, a igrexa conventual reinaugurouse en 2013. Actualmente, ademais de actos relixiosos, o templo tamén acolle concertos. A pesar de ter a máxima protección municipal, a casa do capelán foi derrubada segundo o proxecto do arquitecto Andrés Fernández-Albalat Lois o 13 de outubro de 2004 por mor da construción do aparcadoiro do Papagaio e non volveu ser reconstruída ata o 2009. O proceso foi investigado por se houbera un delito contra o patrimonio, mais o caso non prosperou.
Descrición
Sobre a porta da fachada e no retablo hai dúas imaxes da Virxe das Marabillas. A fachada, á que se accede grazas a unha escalinata semicircular, ten un só corpo e catro pilastras toscanas. Na parte superior da fachada vese o escudo dos franciscanos. A Virxe das Marabillas do retablo foi restaurada para recuperar a man dereita que lle fora quitada na década de 1980, cando o templo estaba abandonado. A igrexa ten planta de cruz latina cunha soa nave. Na entrada ábrese un vestíbulo. que da acceso á igrexa. A nave da igrexa está cuberta por unha bóveda de canón semicircular con lunetos agás no último tramo que se ergue unha cúpula sobre pendetes. O templo contaba cun cadro de Francisco de Asís atribuído por algúns a Zurbarán e por outros a Mateo Cerezo mais que no presente está no convento das capuchinas de Liáns. A un lado da igrexa consérvase a parte de máis calidade do convento, un lenzo de cantaría integrado no museo. Do outro lado está a casa do capelán, do século XVIII, reconstruída en 2009. Diante da igrexa hai unha fonte de pedra. Tamén están catalogados os pináculos, que recuperaron a reixa en 2015, e o arboredo.
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 성당
봉헌 대상 Orde das Clarisas Capuchinas
지점 고도 ≈ 27 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 A Coruña, 329 m 거리
산티아고 순례길 Camiño Inglés, 197 m 거리
지자체 인구 251,277 (2025) · IGE
버스로 가기
- Salesianos309 m 거리A Coruña-AP-9-O Burgo (área de servizo) · A Coruña-AP-9-O Burgo (área de servizo) · A Coruña (por Salesianos)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X) · A Coruña (por Obelisco)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- Porta Real389 m 거리A Coruña (por Obelisco)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- Porta Real397 m 거리A Coruña (por Salesianos)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.
