교회당
Igrexa de San Francisco de Asís da Coruña
A Coruña
사진: Fernando Losada Rodríguez · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Coruña의 종교 건축물, 해발 약 34 m, Camiño Inglés에서 719 m.
A igrexa de San Francisco é un templo relixioso situado no Paseo das Pontes da Coruña, área cruzada diagonalmente por un antigo acueduto. Orixinalmente estaba na Cidade Vella e formaba parte do primitivo convento franciscano situado fóra das antigas murallas, nun outeiro elevado sobre as rochas, fronte ao mar. Esta localización fóra das murallas foi precisamente o motivo da súa destrución, xa que durante o cerco inglés da Coruña, no século XVI, foi incendiada para evitar que o inimigo se fortificase no convento. As súas ruínas, cando inda estaban na localización orixinal, foron declaradas Monumento Nacional por Orde do 16 de marzo de 1939.
Historia
Inda que existen citas de 1262 e 1279 sobre os «frades menores da Coruña», o primeiro testemuño escrito sobre a existencia do convento data de 1423. No convento aloxáronse personaxes como Afonso XI en 1345, o Emperador Carlos V, que congregou alí mesmo as Cortes en 1520, denantes da saída cara a Alemaña, e o seu fillo, o futuro Filipe II, en 1554. En 1589 o Marqués de Cerralbo, capitán xeneral de Galicia, ordenou incendiar o convento para evitar que fose empregado polos ingleses durante o sitio de Drake, mais foi logo reconstruído no mesmo lugar. En 1651 sufriu un novo incendio debido á explosión da próxima polvoreira de San Carlos, situada onde actualmente está o xardín do mesmo nome. Despois da exclaustración de 1835 foi convertido en cárcere correccional e, posteriormente, instaláronse as dependencias da 8ª Compañía Xeral do Exército, polo que a igrexa se foi derruíndo progresivamente. A principios do século XX só se conservaba parte da fachada do convento e o resto estaba adaptado para usos militares. En 1964, a igrexa foi trasladada ao lugar actual, e inda que estaba en funcionamento, fallaba por completar o acceso pola súa fachada principal. A configuración existente da igrexa databa dos séculos XIV e XV, inda que na súa nova localización foi moi modificada. A reconstrución fíxose a partir das tres capelas da cabeceira, unha capela do século XVI que se cambiou de situación relativa e a portada principal.
Descrición
Ángel del Castillo, que estudou e debuxou a súa planta na súa situación orixinal, considéraa un «exemplar oxival típico de Galicia, do século XIV ao XV, a igrexa, con supervivencias románicas na ornamentación».
Interior
A igrexa, de planta de cruz latina, ten unha soa nave, inda que orixinalmente tiña dúas, a central maila lateral sur. O cruceiro está formado tamén por unha única nave. A nave principal cóbrese con teitume de madeira a dúas augas, semellante á que debeu ter no seu día, mais agora sostida por arcos escarzanos de nova feitura. Tamén, analogamente, presenta un coro aos pés, cun órgano. A nave divídese transversalmente en catro tramos por arcos moi rebaixados, de moderna feitura. Está iluminada por unha xanela grande oxival á altura do coro, sobre a portada occidental, outras dúas fiestras grandes oxivais situadas nos dous tramos centrais a ambas as bandas da nave, e por dous pequenos rosetóns situados no primeiro tramo da nave a partir da encrucillada. Na parede, hoxe nordés, da nave sitúanse dous arcosolios sen os correspondentes sartegos e monumentos funerarios. A cabeceira está formada por tres ábsidas aliñadas, que coinciden cos tramos do cruceiro, a maior poligonal e as laterais de planta rectangular. Os arcos de ingreso ás correspondentes capelas son moi levemente apuntados, sendo máis apuntados os arcos torais que enmarcan o cruceiro. A ábsida central esá cuberta por unha bóveda nervada de abano composta por oito arcos acanalados que proveñen de sinxelos capiteis sobre columnas acaroadas, enmarcando os catro centrais tres esveltas xanelas trilobuladas so arcos apuntados. As capelas laterais cóbrense con bóvedas máis sinxelas de cruzaría e están iluminadas tamén por fiestras trilobuladas baixo arcos apuntados. Na do Evanxeo consérvanse tres arcosolios apuntados profusamente ornamentados con motivos xeométricos, que se atopan lateralmente e na da Epístola outros dous, correspondentes todos eles a desaparecidos monumentos funerarios.…
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 성당
봉헌 대상 Francisco de Asís
보호 지정 Ben de Interese Cultural
지점 고도 ≈ 34 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 A Coruña, 1.7 km 거리
산티아고 순례길 Camiño Inglés, 719 m 거리
지자체 인구 251,277 (2025) · IGE
버스로 가기
- Ronda De Nelle403 m 거리Pazo da Merced-Campus Riazor-Ronda de Nelle · Ferrol E.A.-Campus de Riazor · O Burgo (área de servizo)-Orillamar 96 (xeriátrico)
- Rúa Juan Flórez 10 (praza Pontevedra)524 m 거리CORUÑA E.A.-ARTEIXO · Coruña E.A.-Meicende-Polígono de Sabón-Carballo E.A. · Coruña E.A.-Porto de Suevos · CORUÑA E.A.-RAÑOBRE-BOEDO · CORUÑA E.A.-BOEDO · Coruña E.A.-Castrillon
- Juan Flórez 10 ? Pza Pontevedra11585 m 거리CORUÑA E.A.-ARTEIXO · CORUÑA E.A.-MEICENDE-POLÍGONO DE SABÓN-CARBALLO E.A. · CORUÑA E.A.-PORTO DE SUEVOS · CORUÑA E.A.-RAÑOBRE-BOEDO · CORUÑA E.A.-BOEDO · CORUÑA E.A.-CAIÓN
자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.
