교회당

Igrexa de San Francisco de Betanzos

Betanzos · A Coruña · 1400

Igrexa de San Francisco de Betanzos, 교회당 en Betanzos

사진: Lameiro · Public domain · Wikimedia Commons ↗

Betanzos의 종교 건축물, 해발 약 18 m, Camiño Inglés에서 40 m.

A igrexa de San Francisco de Betanzos é un templo de estilo gótico construído na segunda metade do século XIV, grazas ó mecenado de Fernán Peres de Andrade, O Boo, que reedificou o mosteiro anteriormente existente, do século XIII. Foi declarada Monumento Nacional en 1919 e, posteriormente, Ben de Interese Cultural.

Descrición

A igrexa é de planta latina cunha soa nave e unha ábsida poligonal con bóveda nervada, franqueada por dúas capelas laterais rectangulares. A portada principal representa a Adoración dos Reis, e no exterior da igrexa distribúense rosetóns e vidreiras góticas, así como canzorros figurados. No cumio do tellado dun dos brazos da igrexa, unha cruz sostida por un xabaril. No seu interior, na capela maior, hai un relevo que representa a Deus en maxestade rodeado dos catro evanxelistas. Nos nervios da bóveda, anxos tocando distintos instrumentos, e entre eles un tocando a gaita. Tamén se poden observar diversos capiteis con animais fantásticos pero sobre todo destaca a ampla colección de sartegos de diferentes membros da familia dos Andrade, ata un total de 16, que constitúen o elemento histórico artístico máis interesante do templo.

Sepulcro de Fernán Pérez de Andrade

O máis interesante é o do propio Fernán Pérez, considerado como precedente da escultura funeraria medieval. Orixinalmente estivo colocado na capela maior, xunto ó da súa dona Sancha, pero en 1782 foi trasladado ó pé da igrexa, baixo o coro. O sartego está levantado do chan sobre os animais representativos dos Andrade: un oso e un xabaril, a modo de basas. Á cabeceira e no pé, o escudo de armas dos Andrade, e, nos laterais, diversas escenas de caza do xabaril. Sobre o sartego, a lauda representa a figura xacente do cabaleiro, vestido de armadura e en posición de repouso. O busto descansa sobre dous coxíns e os pés sobre dous cans de caza que agochan baixo eles outros dous cans; aínda hai outros tres cans, dous no costado dereito da figura e un no esquerdo. Catro anxos axeonllados velan o cadáver, un sostendo un incensario e os tres restantes lendo libros de salmos. A man dereita de Fernán repousa sobre o corazón e a esquerda sostén a empuñadura da espada, que mostra no seu pomo o risco de Salomón, símbolo máxico e protector. Os catro lados do sartego están percorridos pola seguinte inscrición: Nótese que a data desta inscrición alude á do remate da reconstrución da igrexa, xa que o Señor de Andrade non morreu ata agosto de 1397. Sobre o peito da figura consta unha segunda inscrición que identifica o cabaleiro: "Fernan Pz Dandrade".

Templo franciscano

Anexo á igrexa existía un mosteiro franciscano que chegou a contar con 47 monxes mendicantes. Trala desamortización de 1835, o mosteiro quedou abandonado e boa parte das súas instalacións, como a sala capitular ou o claustro, desapareceron en 1880. Os monxes volveron ocupar o templo e o que quedaba do mosteiro en 1914, inaugurando a nova residencia en 1919, pero foi queimada en xullo de 1936.

Outros artigos

Arquitectura gótica en Galicia

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

자료

종류 성당 · Monumento

봉헌 대상 Francisco de Asís

창건자 Fernán Peres de Andrade, O Boo

지붕 기와

벽 돌

보호 지정 Ben de Interese Cultural

목록 번호 RI-51-0000166

지점 고도 ≈ 18 m · Terrain Tiles

가장 가까운 마을 Betanzos, 340 m 거리

산티아고 순례길 Camiño Inglés, 40 m 거리

지자체 인구 13,508 (2025) · IGE

가는 길

주소 Rúa dos Cabildos, Betanzos

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

버스로 가기

자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.

이 근처