교회당

Igrexa de San Pedro de Rebón

Rebón · Moraña · Pontevedra

Igrexa de San Pedro de Rebón, 교회당 en Moraña

사진: José Antonio Gil Martínez · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

Rebón, Moraña의 종교 건축물, 해발 약 141 m, Caminho Português de Santiago에서 2.8 km.

A igrexa de san Pedro de Rebón, é unha igrexa románica, dos séculos XII-XIV, da parroquia de Rebón (Moraña). Foi moi modificada por reformas posteriores, especialmente as realizadas no século XIX para ampliar a nave e construír o campanario.

Descrición

Conserva da súa estrutura orixinal a ábsida semicircular, os canzorros con diversas figuras humanas e animais e os capiteis interiores. A ábsida está dividida en tres tramos por dúas columnas acaroadas, que se completan por dous contrafortes na unión da ábsida coa nave; en cada unha daquelas columnas hai esculpida unha pequena figura hoxe irrecoñecible. No tramo central abríase unha ventá de arco semicircular, cegada, na que se colocou unha imaxe, moi deteriorada, de san Miguel. Esta imaxe foi roubada en 2011 e non volveu aparecer, e no seu lugar colocaron unha estatuíña de San Pedro como papa. Os veciños pedían a intercesión deste san Miguel con oracións coma esta: San Miguel, pesai as almas, San Miguel, pesainas ben. San Miguel, pesai as almas, pesai a miña tamén. No pinche posterior da igrexa, sobre a ábsida, ábrese un rosetón con celosía en moldura redonda lisa con decoración xeométrica. A cornixa está apoiada nunha serie de canzorros figurados, entre os que hai gravados motivos xeométricos consistentes en rosetas sextifolias ou estrelas de seis puntas. No interior, a ábsida ábrese á nave principal mediante un arco triunfal semicircular . Destacan nas columnas interiores, lisas e tamén acaroadas ó muro, os capiteis figurados con aves e outros animais, así como figuras humanas. A fachada é de factura barroca, lisa e sen decoración ningunha. Remata nun frontón clásico, liso, sobre o que se ergue un campanario central. Para a construción desta fachada derrubouse a orixinal románica e tapiáronse as portas laterais, tamén románicas. Hipólito de Sá escribe que el viu o tímpano da portada principal, integrado no muro do adro, e descríbeo como adornado na parte central por unha cruz de Malta dentro dun círculo de bólas, e catro rosetas nos extremos dos brazos da cruz.

Galería de imaxes

Baldaquino

No interior da nave, na entrada, hai dous paneis empotrados na parede procedentes dalgún baldaquino de orixe descoñecida. Carecen do arco inferior habitual neste tipo de estruturas. As imaxes que mostran están policromadas e representan, un a santa Lucía, santa Catarina e san Roque, facilmente recoñecibles polos instrumentos do martirio das primeiras e o can que lambe as feridas do terceiro; e o outro representa o Santo Enterro, coa Virxe das Angustias no centro, san Xoán e as dúas Marías ós lados, e Cristo deitado no sudario, sostido por dous homes piadosos.

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

자료

종류 성당

봉헌 대상 Pedro

지점 고도 ≈ 141 m · Terrain Tiles

가장 가까운 마을 Santa Lucía de Moraña, 3.9 km 거리

산티아고 순례길 Caminho Português de Santiago, 2.8 km 거리

지자체 인구 4,139 (2025) · IGE

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

버스로 가기

자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.

이 근처