교회당

Igrexa de San Pedro Fiz do Hospital

O Hospital · O Incio · Lugo

Igrexa de San Pedro Fiz do Hospital, 교회당 en O Incio

사진: FirkinCat · CC BY-SA 3.0 es · Wikimedia Commons ↗

Hospital, O Incio의 종교 건축물, 해발 약 665 m, Sarria에서 15 km.

A Igrexa de San Pedro Fiz do Hospital é o templo parroquial do Hospital (O Incio). De arquitectura románica, foi declarada ben de interese cultural o 19 de xuño de 1981.

Historia

Pertenceu á Orde Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén, ao igual ca a igrexa de San Nicolao de Portomarín. Formaba parte dun conxunto formado pola igrexa, unha fortaleza, unha hospedería, e un hospital para necesitados e peregrinos, pois por aquí pasa unha variante do camiño de Santiago. Durante séculos mantiveron a súa Encomenda, unha das sete existentes en Galicia. Orixinalmente contaba con dúas torres defensivas. Unha delas foi reconvertida en torre campanario, e a outra foi usada no século XVI para o panteón da casa dos Quiroga.

Arquitectura

Foi realizada con perpiaños de pedra calcaria e mármore procedente dunha canteira próxima. A fachada principal está encadrada por dous anchos contrafortes. Ten unha portada románica cara ao oeste, con catro arquivoltas de medio punto de mediacanas e a escocia decorada con rosetas. A portada está envolta nun zigzagueado. Ten oito columnas con capiteis sinxelos con motivos vexetais. O tímpano adintelado, posterior á construción inicial, está decorado cunha cruz de Malta coroada, símbolo da Orde Hospitalaria de San Xoán. No lado sur ten un soportal acaroado que protexe unha segunda portada con dúas arquivoltas e outra cruz de Malta no tímpano. O interior consta dunha nave con presbiterio e ábsida poligonal, cuberta con bóveda de canón con nervios de reforzo apoiados en columnas angulares, que a fan tripartita na cabeceira. Algúns capiteis destas columnas teñen decoración zoomórfica. O presbiterio ábrese cun arco triunfal e outro que o separa da ábsida, sobre o que pende un Cristo crucificado de catro cravos con brazos articulados, posiblemente do século XIV. A nave está dividida en tres tramos mediante dous pares de pilastras con semicolumnas acaroadas ao muro. No muro norte hai un arcosolio de mármore do século XV con sepulcro de frei Álvaro de Quiroga, comendador do priorado de San Xoán de Portomarín. Segundo a tradición, o día que se levante a tapa do sepulcro virase a igrexa abaixo. En 1986, durante a restauración do templo, atopouse entre os cascallos do presbiterio unha peza esculpida, posiblemente orixinaria da decoración dun sepulcro ou dun frontal do altar, que representa a Cristo crucificado con dúas caras enriba dos seus brazos (que representan o Sol e a Lúa) e baixo del dous personaxes, un en reverencia e outro en oración.

Galería de imaxes

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

자료

종류 성당 · Monumento

양식 Arte románica

보호 지정 Ben de Interese Cultural

지점 고도 ≈ 665 m · Terrain Tiles

가장 가까운 마을 Sarria, 15 km 거리

지자체 인구 1,511 (2025) · IGE

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

버스로 가기

자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.

이 근처