교회당

Igrexa de San Salvador de Camanzo

Camanzo · Vila de Cruces · Pontevedra

Igrexa de San Salvador de Camanzo, 교회당 en Vila de Cruces

사진: José Antonio Gil Martínez · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

Camanzo, Vila de Cruces의 종교 건축물, 해발 약 138 m, Fonte Díaz에서 8.2 km.

A igrexa de San Salvador de Camanzo é a igrexa parroquial de Camanzo (Vila de Cruces). Construída no ano 1166, é de planta basilical e ten tres naves e tres ábsidas. Foi unha antiga igrexa monacal.

O mosteiro

O mosteiro de Camanzo foi un mosteiro bieito fundado no século X polo Conde Don Gonzalo e a súa muller Dona Tareixa. Nun principio servía unha comunidade de monxes e pasou despois a ser de monxas bieitas. A raíña Dona Orraca deixou no seu testamento varias mandas a favor dos monxes do mosteiro. Desapareceu ao ser incorporado a San Paio de Antealtares en 1516. A igrexa debeu construírse aproveitando o período de esplendor do mosteiro, que coincide co remate do de Carboeiro. Do mosteiro quedan algúns restos, como a arcada que pertenceu á sala capitular. Son arcos semicirculares sobre dúas columnas con ornamentación de follas e a arquivolta do arco presenta ornamentación de bólas.

Descrición

A igrexa é de planta primitiva basilical, consta de tres naves e tres ábsidas semicirculares. A nave central é máis alta cas laterais, divididas en catro tramos e separadas por piares cruciformes. As naves están divididas por piares rectangulares con columnas acaroadas nas frontes sobre as que descansan os arcos formeiros que aínda se conservan. Os arcos máis próximos á cabeceira son apuntados, o que indica unha reforma no Gótico. Os capiteis tanto das columnas das capelas da cabeceira como dos arcos das naves son románicos e teñen unha ornamentación xeométrica e floral. Os arcos de ingreso ás capelas da cabeceira están formados por arquivoltas ornamentadas. Parte de bóveda de canón sobre o presbiterio está cuberta por pinturas do século XVI. No exterior, a ábsida central ten planta de ferradura; as ábsidas laterais, teñen no interior unha planta de ferradura e fóra aparece como semicircular. A porta principal consta de dobre arquivolta sobre columnas; a arquivolta exterior ten ornamentación floral. No tímpano hai un Agnus Dei esculpido e enmarcado por unha franxa floral en arco de ferradura. A porta románica do muro norte presenta arquivoltas peraltadas ornamentadas con arquiños superpostos en dúas columnas. Na porta sur a fachada foi refeita conservando algúns elementos da portada antiga.

Estado actual

A igrexa está nun estado lamentable e os frescos da ábsida central están deteriorados. A sala capitular é utilizada como almacén.

Galería de imaxes

Outros artigos

Mosteiro Mosteiros e conventos de Galicia

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

자료

종류 성당

양식 Arquitectura románica

봉헌 대상 San Salvador

지점 고도 ≈ 138 m · Terrain Tiles

가장 가까운 마을 Fonte Díaz, 8.2 km 거리

지자체 인구 4,965 (2025) · IGE

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

버스로 가기

자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.

이 근처