교회당

Igrexa de San Xoán de Barcala

A Baña · A Coruña · 1800

Igrexa de San Xoán de Barcala

A igrexa de San Xoán da Barcala é un templo católico de estilo barroco do século XVIII situado no lugar de Seoane (Barcala, A Baña). == Descrición == Ten nave rectangular; o presbiterio destácase da planta e a sancristía acaroada á cara norte. Os muros son de boa fábrica de perpiaño de granito e o tellado é a dúas augas agás na cabeceira. A fachada carece de adornos, a excepción dunha pequena aresta que a enmarca e onde se abre unha porta alintelada, e unha xanela rectangular de bordos en chafrán para aumentar a entrada de luz ao interior. No medio hai unha fornela coa imaxe do san Xoán. O campanario sitúase nunha torre de tres corpos: o primeiro ten base cadrada e remata nunha cornixa saínte. O segundo leva catro columnas que compoñen catro ocos de arco de medio punto para poñer as campás e pináculos de bóla nas esquinas. O terceiro é octogonal con catro ocos e remata nunha pequena cúpula en pináculo. A igrexa rehabilitouse en 2002 após que un lóstrego caese sobre ela. Durante os traballos atopáronse restos óseos humanos baixo as lousas de pedra do templo. == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/consulta/registro.do?id=1770226

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처