수도원
Igrexa de Santa María da Franqueira
A Caniza · Pontevedra

O mosteiro de Santa María da Franqueira foi un pequeno mosteiro cisterciense de orixe medieval, situado nas abas do monte de Paradanta, nun noutrora inaccesíbel lugar da parroquia da Franqueira (A Caniza). Do antigo mosteiro só se conserva a igrexa parroquial. Foi levantado polos señores de Sobroso no século XIII, inicialmente para a orde dos Bernardos. No lugar celébrase a popular romaría da Franqueira, cunha antiga peregrinación de todas as parroquias da contorna, do sur de Galicia e mesmo do norte de Portugal. == Historia == A historia dos inicios do mosteiro e da adoración á Virxe vese chea de lendas e contos, algúns posibelmente herdeiros dunha orixe pagá céltico-galaica. Xa no ano 570 no parroquial suevo noméanse parroquias cristiás na zona, primeira evanxelización da Gallaecia. Seica a fundación do mosteiro da Franqueira fose arredor do ano 580 polo bispo Martiño de Dumio. O termo Franqueira (tamén escrito antigamente Franqueyra) procede do xermano e significaría: “lugar dos homes libres ou francos, honrados”. No século VIII, durante as breves invasións sarracenas, crese que a imaxe da Virxe foi agochada. No século XI déronse as invasións viquingas e normandas e é daquela cando as tradicións din que se atopou a Virxe no Coto da Vella (cume de 924 m de altitude da Paradanta). Sábese que a imaxe se venerou nunha ermida, posibelmente froito dunha cristianización dun lugar de culto pagán e celta, e despois trasladouse á actual igrexa. Foi, pois, unha das advocacións máis antigas de Galicia. A lenda di que a Virxe foi atopada embaixo dunhas rochas no tal Coto da Vella por unha veciña que creu ver un resplandor nos penedos. A imaxe axiña se fixo moi popular e foi considerada milagreira. Disque os veciños de Luneda se enfrontaron aos da Franqueira, porque querían a construción da capela nas súas terras. A decisión final tomouse dun xeito moi especial: carrexouse a imaxe da Virxe nun carro de bois aos que lles vendaron os ollos; o primeiro lugar onde estes se detivesen a beber, é onde erguerían o templo. Os bois detivéronse no manancial da Franqueira. En 1968 colocouse unha imaxe de pedra da Virxe no Coto da Vella, en lembranza do lugar onde se atopara inicialmente a Virxe. A tradición de levar a Virxe nun carro de bois durante a romaría refírese a este feito.. O primeiro testemuño serio da existencia do mosteiro é do ano 1063, cando o rei de Galiza e León Fernando I fixo unha doazón ao seu abade Alvito e aos freires que nel moraban. Aproximadamente en 1293 adheriuse á Orde do Císter, despois de décadas de inexistencia da orde en Galicia. O século XIV foi o da plena consolidación do mosteiro, construíuse o complexo monástico do que só se conserva a igrexa medieval, e recibíronse varias doazóns significativas pola gran veneración que tiña a Virxe. No ano 1343 levantouse a portada románica, segundo reza o lintel. É curioso un testamento de 1361 do veciño de Ribadavia: Johán Gomes que manda yr en romaria por min huun home ou moller con oferta e con candea a Santa María da Franqueira, tamaña candea como eu de meu estado. En 1444 o rei Afonso VII de León e Galiza concede un privilexio ao mosteiro. No século XIV, Paio Sorreda de Soutomaior incorpora ao patrimonio varios coutos, incluído o extinguido mosteiro de Casteláns, en Covelo para que A Franqueira conservase a categoría abacial ao ingresar na Congregación de Castela, que se produce en 1521 mediante bula outorgada polo Papa León X.…
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
Chegar en bus
- A Franqueira (PO-9401)a 12 mCPI A Caniza-A Franqueira · CPI A Caniza-A Franqueira
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.