교회당

Igrexa de Santa María de Adina

Sanxenxo · Pontevedra

Igrexa de Santa María de Adina

A igrexa de Santa María de Adina é o templo parroquial de Adina, no concello de Sanxenxo. == Historia e arquitectura == Primitivamente consagrada á deusa pagá Minerva, Atinna ou Ataecina, foi posteriormente cristianizada, pasando a chamarse Santa María a Digna, até o topónimo actual de Adina. Do templo románico sobre o que está construído o templo consérvanse os muros e os beirís da nave. Na fachada destacan a imaxe da Virxe co Neno situada entre sobre a porta, esta en arco de medio punto. Á dereita da fachada está o campanario, rematado por uns pináculos. Posúe unha capela de bóveda de crucería do século XVI, na que se cre que estaba o baldaquino situado na actualidade no frontal do altar. Este baldaquino, que representa a Anunciación, conserva dous arcos conopiais e unha imaxe tallada da Virxe co Neno no colo, situada entre eles; esta imaxe está picada e xa non se recoñece. == Galería de imaxes == == Notas == Información en www.sanxenxo.com (en castelán).

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처