교회당

Igrexa de Santa María de Bemil

Caldas de Reis · Pontevedra

Igrexa de Santa María de Bemil

A igrexa de Santa María de Bemil é o templo parroquial de Bemil (Caldas de Reis), de estilo románico do século XII. == Características == Conserva parte do frontispicio occidental románico (estrutura xeral e o rosetón superior). Porén, a portada románica foi suprimida e substituída por un sinxelo van. A torre-campanario do costado moderno é barroca. O rosetón trátase dun óculo circular rodeado por arquivoltas baquetonadas e nos vans das súas trazarías debuxáronse unha estrela central rodeada por tetrafolias. Tamén consérvase a potente ábsida do século XII, que aínda que é sinxela, mostra a elegancia das formas románicas na súa planta semicircular con dúas columnas entregas e un ventanal no pano central. Os muros refeitos, na parte dianteira, conservan canzorros románicos sobre unha sinxela porta de arco semicircular. A capela da cabeceira comunica coa nave mediante un arco triunfal de ferradura. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Castillo, Ángel del (1987) [1972]. Inventario Monumental y Artístico de Galicia (Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia) (2ª ed.). A Coruña: Fundación Barrié. p. 622. ISBN 84-85728-62-9. === Outros artigos === Arquitectura románica en Galicia

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처