섬
Illa de Onza
Bueu · Pontevedra
사진: Certo Xornal · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Bueu, Pontevedra의 섬, 해발 약 58 m, Sanxenxo에서 12.1 km.
A Illa de Onza, ou Onceta, é unha illa galega do arquipélago das Illas Ons, que está a 600 metros ao sur da Illa de Ons. Esta illa pontevedresa pertence a Bueu e forma parte do parque nacional das Illas Atlánticas de Galiza. É unha illa de 32 hectáreas con forma rectangular, e cun perfil relativamente alto (o seu cumio acada os 84 metros de altura). As súas costas son escarpadas, se ben ten dúas pequenas praias ao norte (praia das Moscas) e ao sur (Porto do Sol), case inaccesibles por estaren baixo fortes cantís e arrodeadas de escollos. Está cuberta de vexetación arbustiva e, sobre todo na súa parte occidental, é un importante lugar de aniñamento de aves mariñas. Pese ao seu tamaño carece de árbores e non ten ningunha construción agás un barracón construído polos militares.
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 Illa
면적 0 m²
지점 고도 ≈ 58 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 Sanxenxo, 12.1 km 거리
지자체 인구 11,829 (2025) · IGE